Home O Condado Mondariz Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un...

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

- Anuncio -

Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de creadoras e creadores mondaricenses. O vindeiro sábado 18 de maio o Concello de Mondariz propón vivir un encontro sensorial no que as letras, a música e a natureza se fusionarán nun roteiro literario.

O Serán das Letras é un evento literario que nace para destacar a presenza da poesía na cotiandade de Mondariz. “Os versos habítannos e así o queremos amosar. Neste 2024, en homenaxe a autora Luísa Villalta, queremos convidar a explorar a nosa vila de forma diferente dende a esencia literaria crear e compartir experiencias”, explican as e os creadores que están detrás desta proposta: Ana Fernández Melón, Fernando Juan Morado (Cone), Lorenzo Montes Bugarín, Sara Cruces López e Sonia Melón Parente.

O Serán das Letras propón dúas actividades gratuítas nas que poder participar. O roteiro literario Versando Pontes que comezará ás 11 horas no parque do Viveiro para seguir ata a ponte das Amolares, a ponte da Poeira, polo camiño de Merouces ata chegar á ponte de Cernadela.

Ás 20 horas na praza de Mondariz celebrarase o recital poético e sesión de micro aberto na que poderán participar todas as persoas que así o desexen. As e os poetas que participarán serán, as de Versos de Area e Chambo Libris Pilar Alonso Suárez e Hortensia Bautista; de Poesía Nova, Mar Míguez, Eve e Dani Costa e dos Nabos de Gracián, Sonia Melón, Eduardo Carreira, Xesús Bermúdez, Cone Juan Morado; tamén recitarán Samuel Merino, Antom Laia, Teresa Ramiro, Masha Álvarez, Fátima Domínguez, Fran Castro, Ana Fernández e Xandra Táboas.

Esta iniciativa acadou o apoio de Política Lingüística da Xunta de Galicia logo de que o alcalde, Calis Montes, e a concelleira de Cultura, Elena Naveira, lla presentaran nun encontro de traballo mantido en Santiago de Compostela.
A concelleira de Cultura convida a toda a cidadanía a gozar desta xornada de lecer na que achegarse ao mundo das letras, descubrir novos talentos locais e creadoras/es de toda a área metropolitana e percorrer espazos naturais con encanto.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas