Home Xunta de Galicia A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5M€ para a...

A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5M€ para a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá 17 de abril


— Deben ser proxectos tractores do territorio con efectos a longo prazo que amplíen servizos aos visitantes e fomenten o emprego turístico e impacto económico local


— Deben levar aparellada a posta en marcha de experiencias enogastronómicas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da nova liña axudas dotada de 2,5M€ coa que a Xunta de Galicia fomenta a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración para mellorar e ampliar os servizos aos visitantes ao tempo que se fomenta o emprego turístico e se busca un positivo impacto económico local. A iniciativa enmárcase no Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia, posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos Next Generation.

Como se indica na convocatoria, poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas e grandes empresas que proxecten levar a cabo un investimento para a crear un novo establecemento turístico en Galicia. Inclúense desde pensións, establecementos de turismo rural, albergues, campings ou restaurantes, cafeterías ou bares, entre outras.

Deben ser proxectos tractores con efectos a longo prazo, que contribúan á transición verde, a creación de emprego, a sustentabilidade turística do destino e a posta en valor da enogastronomía de Galicia. Ademais deberá ir aparellado da posta en marcha de experiencias enogastronómicas como visitas en orixe que poñan en valor o proceso de creación da materia prima, o seu coidado, recolección, procesado, elaboración, así como experiencias interactivas de cociña ou showcooking, degustacións e catas.

Prazo ata o 16 de agosto
As empresas interesadas, que teñen ata o 16 de agosto para presentar as súas solicitudes, deberán contar entre os seus produtos principais con, polo menos, un produto que conte con Denominación de Orixe Protexida de Galicia, Indicación Xeográfica Protexida de Galicia, a certificación Viños da Terra, ou que dispoñan do selo de destino Galicia Calidade. Tamén terán que cumprir, polo menos, dúas das seguintes condicións: creación dun mínimo de cinco postos de traballo directos, creación de vínculos con axentes públicos e privados do territorio ou outros sectores de actividade e contribución á sustentabilidade turística, con novas fórmulas de xestión (uso de produtos de proximidade ou ecolóxicos, implantación de fórmulas de reciclaxe…) ou con programas de actividades ou sensibilización medioambiental.

As axudas sufragarán, entre outras, as obras necesarias para a posta en marcha de novos establecementos que sexan respectuosas coa contorna e que teñan baixo impacto medioambiental, investimento en enerxías renovables ou gastos de compra e instalación de aplicación informativas e aplicación móbiles, entre outras.

Os proxectos achegados deberán ascender a un mínimo de 200.000 euros de investimento para o conxunto das catro liñas de subvencionabilidade (creación de infraestruturas, contar con sistemas de enerxías renovables, proxectos dixitais vinculados á enogastronomía e experiencias enogastronómicas).

Plan Territorial de Sustentabilidade Enogastronomía de Galicia
Esta liña de subvencións enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia está facendo realidade cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

En concreto, forma parte do Plan Territorial Enogastronomía de Galicia deseñado pola Xunta no horizonte de 2025 con 34,5M€ e que está composto con distintas accións de cohesión en forma de liñas de axuda -unha delas é a aprobada hoxe-, así como 13 Plans de Sostibilidade Turística en Destino dos que se benefician un total de 80 concellos galegos.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas