Home A Coruña A atención deportiva concentrarase na paisaxe de montaña no mes de maio...

A atención deportiva concentrarase na paisaxe de montaña no mes de maio co XI Trail Serra do Barbanza

- Anuncio -

O deporte continúa presente no calendario municipal de actividades do mes de maio co XI Trail Serra do Barbanza, que será á súa vez XI Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal, organizado polo Concello, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo (FGA).

A proba disputarase na mañá do 12 de maio con tres modalidades: o trail longo, cunha distancia de 27 quilómetros; o medio, que se sitúa nos 17 quilómetros; e o curto, que descende ata os 8 quilómetros. Contarase con 3 puntos de avituallamento no primeiro, 2 no segundo e 1 no terceiro. Establécese o miradoiro da Curotiña como punto de saída e meta.

Nas palabras do concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, “trátase dunha cita que reúne paisaxe e actividade física. Se no mes de abril temos a mirada posta no mar co remo, no mes de maio toca concentra-la atención na serra con este trail e a Marcha Popular do Barbanza, entre outras propostas que daremos a coñecer en vindeiras datas. Poderemos seguir desfrutando así do deporte e da nosa contorna natural.”

Estímase que a participación se aproxime aos 300 deportistas divididos entre as categorías sub-16, sub-18, sénior, absoluta e máster. O prazo de inscrición permanece aberto ata as 23.59 horas do 8 de maio a través da páxina web www.carreirasgalegas.com.

A entrega de premios e agasallos efectuarase a partir das 13.45 horas.

Este evento enmárcase na especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas