Home A Coruña O CoruFest consolídase como o festival de artes escénicas LGTBIQ+ máis importante...

O CoruFest consolídase como o festival de artes escénicas LGTBIQ+ máis importante do Noroeste

- Anuncio -

A alcaldesa presentou a séptima edición que terá lugar entre o 9 e o 19 de maio en diferentes puntos da cidade

Inés Rey: “A Coruña é unha cidade diversa e aberta e dende o Concello queremos abrir esa esencia aos nosos recintos municipais”

A séptima edición do festival CoruFest terá lugar entre o 9 e o 19 de maio en diferentes puntos da cidade. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, na presentación da nova edición e destacou a súa consolidación como o festival de artes escénicas LGTBIQ+ máis importante do Noroeste. “Dez días de programación cultural que son a mellor antesala para o inicio das celebracións do orgullo e que forman parte, tamén, da nosa ‘Cultura de Vivir’ coa que este ano nos presentabamos” sinalou a alcaldesa.
Rey, acompañada de Xosé Leis e Gustavo del Río, directores do Festival, deu a coñecer a programación deste ano, na que destaca o enlace internacional coas portuguesas Margarida Monteny e Carminda Soares e o chileno Felipe Rivas, cunha exposición sobre a Intelixencia Artificial. Ademais, o Premio Nacional de Literatura Dramática, Alberto Conejero, ofrecerá un encontro literario. Tamén estará Telmo Irureta, galardoado como Mellor actor revelación nos Premios Goya 2023 por ‘La consagración de la primavera’, que debutará coa súa primeira obra teatral ‘Sexpiertos’, codirixida con Kepa Errasti e que protagoniza con Aitziber Garmendia. Leis e Del Río agradeceron a colaboración do Concello da Coruña e a aposta pola programación cultural dende unha perspectiva inclusiva.

Os directores tamén sinalaron a aposta polos artistas galegos, na liña dos anos anteriores. Destaca o espectáculo ‘Ceibe’ da compañía Fran Sieira ou ‘Elahood’ de Sabela Domínguez e Julia Laport. “Á dinamización cultural sumamos o apoio e recoñecemento á diversidade, algo que forma parte tamén da nosa propia historia como cidade de referentes LGTBIQ+ como Elisa e Marcela ou Tomás Fábregas” sinalou a alcaldesa. As entradas para os espectáculos están dispoñibles a partir de hoxe a través de Ataquilla.com.

PROGRAMACIÓN DO CORUFEST 2024

Xoves 9
12.00 horas | Exposición ‘Cuir imaginario’ de Felipe Rivas | Casares Museo Casares Quiroga | Ate o 30/05/2024
20.30 horas | Elahood, de Sabela Dominguez e Julia Laport | Centro Sociocultural Ágora

Venres 10
19.00 horas | Encontro literario con Nando López | Centro Sociocultural Ágora

Sábado 11
12.00 horas | Firma de libros de Nando López | Galgo Azul
20.30 horas | Podcast do CORUFEST, Xanela ‘Igualdade, sexualidade e identidade’ | Centro Sociocultural Ágora | Con Jazmín Beirak, Daniel Tigrillo, Jimena González, María Reimóndez e Nando López

Domingo 12
20.30 horas | IF (La Ligereza), da Compañía Del Señor Smith | Teatro Rosalía

Luns 13, martes 14
16.00 – 20.00 horas | Obradoiro ‘Performar a disidencia’, con Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane

Mércores 15
16.00 – 20.00 horas | Obradoiro ‘Performar a disidencia’, con Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane
20.30 horas | Encontro sobre políticas LGTBIQ+ con Julio del Valle de Íscar

Xoves 16
16.00 – 20.00 horas | Obradoiro ‘Performar a disidencia’, con Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane
20.30 horas | Ceibe, da Compañía Fran Sieira | Teatro Rosalía

Venres 17
12.00 horas | Encontro literario con Miriam Beizana | Centro Sociocultural Ágora 18.30 horas | Mostra do obradoiro Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane 19.00 horas | Encontro literario con Alberto Conejero | Centro Sociocultural Ágora 20.30 horas | Simulacro, de Margarida Monteny e Carminda Soares | Teatro Colón

Sábado 18
12.00 horas | Entrega do premio Samuel Luiz – Carla Antonelli | Galgo Azul 18.00 horas | Firma de libros con Alberto Conejero | Galgo Azul
20.30 horas | ‘Sexpiertos’, de Tanttaka Teatroa en Teatro Colón

Domingo 19
13.00 | Domingo da Seoane | Concerto de Leria | Fundación Luís Seoane 3

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas