Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e...

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a Vía da Prata”

- Anuncio -

O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora

Anunciou tamén unha próxima iniciativa da Deputación, a través do Inorde, para facilitar o apoio dun autobús ás persoas que desexen facer o Camiño pola Vía da Prata durante as fines de semana

O Centro Cultural Marcos Valcárcel albergou esta tarde a clausura do Ciclo adicado ao Camiño Meridional ou Mozárabe, organizado conxuntamente pola UNED en Ourense e Zamora. Ademáis dos directores de ambos centros da Universidad Nacional a Distancia de España, Jesús Manuel García e Antonio Rodríguez, respectivamente, participaron no acto de clausura os presidentes das deputacións de Zamora e Ourense, Javier Faúndez e Luis Menor, respectivamente. A conferencia que pechou este ciclo correu a cargo de César Pichel, que levou por título “Ourense, o corazón do Camiño Meridional”.

O presidente provincial, Luis Menor, agradeceu á UNED a súa iniciativa de poñer en marcha un ciclo “que nos fixo reflexionar, analizar e, sobre todo, sentar as bases dunha futura colaboración ao redor deste camiño Xacobeo que une a dúas provincias irmás como son Zamora e Ourense”. Do mesmo xeito, agradeceullo ao seu homólogo, Javier Faúndez, a súa vontade e disposición a que ambas provincias cooperen activamente “e que nos entendamos a favor dos nosos territorios”.

Explicou Menor que a razón de ser das deputacións “é a defensa dos nosos territorios, e vertebrar esa posta en valor a través do Camiño é sempre un acerto”. De feito, lembrou que nos últimos días constituiuse na institución provincial a Comisión de Municipios da Vía da Prata, á que asistiron alcaldes, técnicos e representantes dos 28 municipios ourensáns polos que discorre a Vía da Prata, “e onde puidemos comprobar  o alto grao de interese en potenciar este Xacobeo e nas ganas de facer Camiño xuntos que todos temos, polo que é preciso implicar a todas as entidades, públicas e privadas, para potencialo”.

Apoio dun autobús nas fines de semana

Precisamente, Menor sinalou que a Deputación continuará a traballar a prol de potenciar o Camiño Mozárabe e anunciou que do 23 de maio ao 23 de xuño, así como do 15 de setembro ao 13 de outubro, desde a Deputación de Ourense, a través do Inorde, facilitarase a peregrinaxe a Compostela co apoio dun autobús durante as fins de semana. “E, por suposto tamén seguiremos potenciando a outra gran singularidade da Vía da Prata: a súa conexión co AVE, tanto coa cidade como coa Gudiña, ambos os puntos crave para lograr a acreditación, tanto a pé como en bicicleta”, concluiu o presidente provincial.

Relacionadas

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Luisa Sánchez asiste ao adestramento final da temporada do Amfiv e pon en valor...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá ao adestramento final da temporada do Amfiv no Pavillón de Deportes do Berbés...

A Deputación aconsella renovar o antes posible a protección contra o mildio e o...

0
O persoal de Areeiro detectou a aparición de abundantes manchas novas de mildio e as primeiras zonas de avances en manchas antigas con tecido...

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

Publicacións Relacionadas