Home Xunta de Galicia A Xunta organiza unha xornda técnica sobre o benestar laboral no marco...

A Xunta organiza unha xornda técnica sobre o benestar laboral no marco unha empresa saudable e sostible, no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027

- Anuncio -

― O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou esta semana esta xornada que dá comezo aos actos organizados co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que se conmemora o próximo 28 de abril

― Expuxéronse dúas propostas complementarias ao alcance do tecido produtivo galego para achegar o benestar laboral ás empresas con programas de promoción da saúde e para que coñezan os beneficios da certificación das boas prácticas

A Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), organizou esta semana unha xornada técnica baixo o título Como avanzar no benestar laboral e ser unha empresa saudable e sostible, no marco da oferta formativa do seu plan de actuación para 2024 e en liña cos obxectivos da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. A acción -na que participou a xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja- tamén forma parte dos actos organizados co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo que se conmemora o próximo 28 de abril e que este ano está centrado nas repercusións do cambio climático neste eido e nas posibles respostas.

Nesta xornada técnica, realizada en colaboración con Aenor, expuxéronse dúas propostas compatibles e complementarias ao alcance do tecido produtivo galego. En concreto, tratouse sobre como achegar o benestar laboral ás empresas con programas de promoción da saúde. Por outra banda, abordouse o fomento da cultura do benestar e as estratexias e beneficios da certificación dos sistemas de xestión de organización saudable cando se prima a seguridade laboral, a saúde, a sustentabilidade e o compromiso responsable coa contorna.
Cómpre apuntar que entre as medidas e accións da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 para protexer a saúde laboral inclúense liñas de acción concretas orientadas a potenciar a saúde no traballo e a consecución do benestar laboral. Nese senso, unha empresa é saudable cando, ademais de cumprir a lei en materia de prevención de riscos laborais, enfoca a saúde das persoas traballadoras de xeito integral e integrado en todas as políticas corporativas. Así, deben terse en conta tanto os factores de risco físicos como os psicosociais do traballo, tendo en conta sempre as achegas das propias persoas traballadoras.

O Issga forma parte desde hai 11 anos do Comité Técnico de Verificación da Rede Española de Empresas Saudables (REES) que, con preto dun milleiro de compañías adheridas, busca xuntar esforzos pola saúde das persoas. En concreto, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia avalía os programas e accións das empresas de cara ao recoñecemento de boas prácticas na promoción da saúde, das empresas saudables e sustentables neste eido e das mellores accións en saúde cardiovascular, saúde mental e traballo inclusivo.

Cabe engadir que para acadar o benestar laboral é fundamental garantir espazos que protexan, promovan e apoien a seguridade e saúde do persoal. Xa que no lugar de traballo adoitamos pasar moitas horas, manter os bos hábitos é esencial non só para lograr a saúde dos empregados, senón tamén para potenciar a motivación, o espírito laboral e a satisfacción no traballo mellorando, ao tempo, a calidade de vida en xeral.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas