Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio...

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos cun programa pioneiro para mellorar os locais para a xuventude de 100.000 euros

- Anuncio -

O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros e técnicos das OMIX de toda a provincia

Os concellos de menos de 20.000 habitantes poderán recibir unha subvención dun máximo de 2.1000 euros para mellorar os equipamentos dos seus locais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, remarcou a aposta da Deputación pola mocidade da provincia coa presentación dun programa pioneiro para mellorar os equipamentos dos locais destinados á xuventude dotado cun orzamento de 100.000 euros. O mandatario provincial deu a coñecer este luns o proxecto nomeado “O teu espazo xuvenil” nun encontro con alcaldes, concelleiros e técnicos das oficinas municipais de xuventude (OMIX) de concellos da provincia que tivo lugar na localidade de Barosa, en Barro. “Unha nova liña de axudas coa que seguimos cumprindo co compromiso que adquirimos ao comezo deste mandato coa xuventude da provincia”, declarou o presidente sobre as primeiras subvencións da historia da Deputación para equipar os locais municipais xuvenís.

O programa “O teu espazo xuvenil” consiste nunha liña de axudas para concellos de menos de 20.000 habitantes para financiar a adquisición dos equipos necesarios para o funcionamento do local como mobiliario, material de oficina, equipos informáticos, acústicos ou audiovisuais, así como outros materiais que mellore as dotacións destes espazos destinados á mocidade. Os concellos beneficiarios deberán asumir o 20 % do investimento e poderán recibir unha subvención dun máximo de 1.500 euros, mentres que os municipios máis afectados polo reto demográfico, aqueles de menos de 5.000 habitantes ou cun maior índice de dispersión de poboación, poderán recibir ata 2.100 euros.

Acompañado polo deputado de Cultura, Reto Demográfico e Xuventude, Jorge Cubela, o presidente da Deputación amosou a súa satisfacción pola posta en marcha dun novo programa de apoio para os concellos e a xuventude da provincia. “Esta provincia constrúese en clave colectiva, porque o municipalismo rexe a acción de goberno da Deputación e a unión de forzas entre as Oficinas de Xuventude da Provincia e a Deputación desemboca en mellores servizos para a mocidade; e en clave de futuro, porque a Xuventude é unha área estratéxica para esta administración, que por primeira vez crea un departamento específico para traballar polo porvir da nosa xente nova e para afrontar o reto demográfico. A mocidade ten moito que dicir na transformación da nosa provincia, non son só o futuro, xa son o presente”, afirmou Luis López.

Neste sentido, o presidente fixo fincapé na importancia que ten a xuventude para a Deputación ao detallar os diferentes plans e iniciativas que ten en marcha o goberno provincial. “Este programa e todos os demais son ferramentas para que a xuventude desenvolva todo o seu potencial”, explicou López despois de referirse á creación por primeira vez dun departamento específico para a xuventude e o reto demográfico dotado cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Unha área que ten en marcha iniciativas como o programa +Xuventude, dotado con 100.000 euros, unha nova edición dos Premios Provinciais á Xuventude, cunha contía de 36.000 euros; a oferta de bolsas para que estudantes de FP fagan prácticas no estranxeiro por valor de 95.000 euros, os plans para fomentar a cultura do emprendemento en centros educativos de DepoEmprende ou os campamentos de verán da Lanzada e o novidoso programa “Vive o rural” para concienciar á cativada sobre a importancia de coidar o medio ambiente.

Ademais, a Deputación traballa na elaboración do primeiro Plan Estratéxico de Xuventude, un proxecto novidoso que busca tender pontes con todas as administracións e o tecido asociativo da provincia para poñer á disposición da mocidade todas as ferramentas necesarias para desenvolver o seu potencial. Así crearase un Consello Provincial de Xuventude, un espazo propio na páxina web da Deputación con todos os recursos destinados á poboación máis nova, a organización dun encontro provincial de xuventude ou a convocatoria de mesas de traballo e xornadas de formación.

Pola súa banda, o deputado de Xuventude, Jorge Cubela, reiterou a vontade da Deputación para “estar onde estea a xuventude porque nos preocupa o voso futuro, porque queremos que teñades oportunidades aquí, na nosa provincia; e porque somos conscientes de que para que Pontevedra chegue máis lonxe, a nosa xuventude ten que formar parte do proxecto”.

Finalmente, Luis López agradeceu a presenza dos representantes municipais nun acto e remarcou a vontade da Deputación de seguir colaborando coas administracións municipais para mellorar os servizos prestados a cidadanía e seguir construíndo unha provincia máis forte, xusta e competitiva. “Traballando xuntos, concellos e Deputación, estou convencido de que superaremos o reto demográfico e construiremos unha provincia con futuro”, rematou.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas