Home A Coruña No pleno de abril o BNG de Oleiros voltará a incidir na...

No pleno de abril o BNG de Oleiros voltará a incidir na necesidade dunha xestión pública directa das piscinas do Concello

- Anuncio -

Detectamos moitas queixas contra a empresa que xestiona as piscinas públicas de Oleiros. Para o BNG a única alternativa viábel é a xestión pública e directa da instalación polo que lle pedimos ao goberno local que rectifique e que cando proceda asuma a xestión directa das piscinas. A xestión publica da mesma permitiría adaptar e reducir os prezos dos abonos en función das posibilidades e das rendas da veciñanza. Tanto os investimentos que precisa a instalación como o seu mantemento son perfectamente asumibles polas arcas municipais e que ademais a xestión pública da mesma será beneficioso para as usuarias e usuarios.
Ademais, o noso portavoz municipal fará varias preguntas sobre temas que afectan á cidadanía, entre elas:

Saturación dos aparcadoiros das piscinas do Concello

No modelo de piscinas públicas de Oleiros, detéctase unha cada maior afluencia da cidadanía o que ocasiona que os servizos estean moi demandados. As prazas nos aparcadoiros están a rebentar sendo moi difícil atopar algún oco libre a determinadas horas do día, nomeadamente na piscina de Oleiros. Nunca defenderemos dende o BNG o modelo desprazamentos en vehículos privados polo que alén de pedirmos que se habilite un maior número de prazas de aparcamento, pedimos, que se cree un máis que necesario servizo público de bicicletas, que se instauren paradas destes servizos nas piscinas públicas e que se inste a Xunta a que haxa máis servizos de transporte público a estes lugares.

Non queremos cemento nas sendas dos parques do Concello

O Concello de Oleiros está a anovar todas as sendas do parque das Trece Rosas após o deterioro sufrido polas mesmas dadas circunstancias tan absolutamente previsíbeis como as choivas após tres anos da súa inauguración. Estas novas sendas costarán perto de 300.000 euros á veciñanza, cuestión froito dunha mala xestión e perante a cal o normal sería que a empresa responsábel se fixera cargo dos novos gastos, gastos que dende o BNG consideramos debería ser de camiños de cemento como o propio Alcalde manifestou recentemente. «Estamos a facer camiños novos, con cemento en todo o parque». Pediremos ao Concello que reconsidere todas estas circunstancias e que anule o proxecto de camiños de cemento alleos á paisaxe e a protección do lugar.

Árbores talladas na contorna das obras do multiusos

Dende a propria estrada AC173 á altura de Bastiagueiro, no espazo adicado a acubillar o Multiusos, pódense observar como varias árbores foron talladas fora do perímetro do futuro multiusos aínda sen nome, cando menos 3 castiñeiros de gran porte foron tallados. Cómpre lembrar que dentro do perímetro foron talladas grande cantidade de árbores que se pode aprezar no Google Earth por exemplo. Agardemos que sexan os derradeiros, dende o BNG de Oleiros ficaremos atentas.
Preguntaremos ao Concello que di exactamente o proxecto canto á eliminación de árbores, impacto no Parque Metropolitano e reforestación posterior na zona ,se é que a vai haber.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas