Home A Coruña Máis de 100 caniches de todo o Estado daranse cita este sábado...

Máis de 100 caniches de todo o Estado daranse cita este sábado en Fene na II Canichada de Galicia

- Anuncio -

O encontro celebrarase no Pavillón A Xunqueira de San Valentín, que acollerá actividades e unha feira especializada durante toda a xornada

110 cans de raza caniche están apuntados para participar na “II Canichada de Galicia”, que acollerá o Concello de Fene o sábado 27 de abril. O encontro celebrarase no Pavillón A Xunqueira, en San Valentín, onde están programadas actividades durante toda a xornada.

O evento iniciarase ás 11.00h coa recepción dos caniches participantes, e ás 11.30h haberá unha charla de perruquería canina, a cargo de Thiago Noel Ferreira. Contra as 12.00h terá lugar o desfile do Entroido, e ás 16.00h unha xornada de educación canina, aberta ao público e na que serán benvidos tamén cans de outras razas. O evento rematará ás 18.00h con grandes sorteos dos patrocinadores. Ademais, todo o recadado coas fotografías do evento será doado á Asociación Cometa.

“A Canichada é unha gran oportunidade para descubrir esta raza tan peculiar, xa que teremos unha representación de caniches de todos os tamaños (xigante, mediano, toy…), procedencias e con diferentes cortes” apuntou Thiago Noel Ferreira, un dos organizadores do evento. Destaca Ferreira o incremento de participantes desde a primeira edición celebrada en Vigo, na que se xuntaron 90 caniches, así como a diversidade das procedencias: “temos xente apuntada que vén de Madrid, Barcelona, Bilbao, Cantabria, Asturias, … e por suposto Galicia”.

Pola súa banda, a concelleira de medio ambiente, María del Carmen Martínez, animou á veciñanza a participar “nunha actividade pensada para desfrutar en familia”, e destacou “a combinación do carácter máis lúdico coa concienciación en materia de benestar animal”

Durante toda a xornada, as persoas que se acheguen á II Canichada poderán mercar produtos relacionados co coidado e benestar animal nunha feira na que está prevista a participación de 18 expositores.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas