Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación e a Fundación Araguaney traen a Ourense unha mostra de...

A Deputación e a Fundación Araguaney traen a Ourense unha mostra de cine que reflicte desde distintos puntos de vista a situación actual de Palestina co ciclo “Amal en Ruta”

- Anuncio -

Esta nova edición desenvolverase do 29 de maio ao 4 de xuño e inclúe a proxección de tres ficcións e dous documentais ás 20.30 horas, con entradas a tres euros para o público en xeral e de balde para os asociados do CineclubeA mostra, que conta coa colaboración do Cineclube Padre Feijóo, rende homenaxe ás vítimas dos últimos acontecementos vividos no mundo árabe, como o terremoto de Marrocos, as inundacións de Libia e a guerra contra o pobo palestino

A Deputación de Ourense organiza, en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas e a Semana de Cine Euroárabe AMAL, e coa coordinación do CineClube Padre Feijóo, unha nova edición do ciclo de cine “Amal en Ruta” que traerá a Ourense proxeccións que amosan, desde diferentes puntos de vista, a situación actual que está a vivir Palestina.

A presentación desta proposta cultural tivo lugar hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel, acto no que participou o director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez; o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e director da Semana de Cine Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez; e o presidente do Cineclube Padre Feijoo, Manuel Precedo Barbeito.Marcos Vázquez dixo que para a Deputación de Ourense é un luxo “poder contar con este ciclo de “Amal en Ruta” para achegar ó público ourensán unha selección de filmes destacados de cine árabe fomentando ese intercambio cultural”.Pola súa parte, Jaber Martínez reivindicou o cine como a “linguaxe máis universal para materializar emocións” e a súa capacidade para “trasladar ao espectador e de poñelo na pel dos outros”.

Neste sentido, o presidente da Fundación Araguaney dixo que a proposta deste ano intenta “reflectir diferentes puntos de vista do mundo palestino a través dos seus directores e directoras, con propostas de ficción e documentais que abordan diferentes perspectivas das problemáticas que alí acontecen”.Para Jaber Martínez, as proxeccións desta edición permitirán ao público “coñecer a realidade da vida cotiá dos palestinos sendo un factor clave para entender o que alí está a pasar, pero tamén porque é un piar fundamental para a liberdade dos ourensáns porque para ser libres precisamos información que nos permita analizar o mundo”.Manuel Precedo dixo que están “moi agradecidos de que se utilice o CineClube Padre Feijóo para acoller esta iniciativa que encaixa cos obxectivos típicos dun cineclube que é abrir á diversidade das propostas fílmicas que se fan habitualmente e ter a oportunidade de ver filmes xordanos, sirios… que, en este caso, tratan todos a temática Palestina”.

Esta edición de “Amal en Ruta” desenvolverase baixo o lema “Ninguén está a salvo” para render homenaxe ás persoas falecidas na traxedia do terremoto de Marrocos, que sacudiu o país o pasado 8 de setembro con epicentro na cidade de Ighil; ao igual que sucedeu na cidade libia de Derna, onde a auga arrasou con todo ao seu paso, incluídas infinidade de vidas humanas. E un mes máis tarde, en outubro de 2023, Ghaleb Jaber Martínez lembrou que as bombas destruíron, e continúan facéndoo a día de hoxe, os soños “do sempre esquecido” pobo de Palestina.“Ninguén está a salvo, todos estamos en perigo, independentemente do lugar do mundo no que naceramos, enfrontándonos a riscos como o cambio climático, os extremismos ou o capitalismo salvaxe”, sinalou Jaber Martínez.

Longrametraxes cun considerable recoñecemento nos principais festivais de cine internacionais

Amal en Ruta Ourense consta de tres ficcións e dous documentais –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade. Poderanse ver desde o mércores, 29 de maio, ao martes, 4 de xuño, na Casa da Cultura de Ourense (rúa do Concello, 11) ás 20.30 horas.

As entradas terán un custo de 3 euros para o público en xeral, mentres que o acceso será de balde para as persoas asociadas ao Cineclube Padre Feijoo.A primeira sesión será o mércores, 29 de maio, co documental “Mayor”; o xoves 30 de maio, proxectarase a ficción “Farha”; o venres 31 será a quenda da película “Gaza mon amour”; o  luns, 3 de xuño, poderase ver a ficción “The reports on Sarah and Saleem”; e a última sesión será o martes, 4 de xuño, coa proxección do documental “Little Palestine, Diary of a Siege”, todas elas producións de gran recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais.

Recepción ao presidente de honra da Fundación Araguaney

Previo á rolda de prensa, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, onde intercambiaron impresións sobre temas de actualidade do mundo árabe.

Relacionadas

O Concello organiza mañá a Noite de Medo – Halloween cunha morea de propostas...

0
Os obradoiros infantís estarán este ano no Parque de San Lázaro, desde onde sairá ás 19.00 horas o desfile que rematará na Praza Maior A...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

O Concello lembra os servizos mínimos durante a folga do persoal dos días 31...

0
O Concello de Ourense lembra os servizos mínimos establecidos para a folga do persoal funcionario e laboral convocada para mañá, xoves, 31 de outubro,...

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

O Ribeiro marida os seus viños coa arte e coa música nunha nova edición...

0
O Consello Regulador do Ribeiro, en colaboración coa Deputación a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, promove un ano máis un proxecto de maridaxe...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Publicacións Relacionadas