Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do Deporte que se celebrará en Vigo o 8 de novembro

- Anuncio -

A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha mención especial aos logros e méritos máis salientables dos deportistas pontevedreses na tempada do 2024

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, supervisou hoxe a planificación da montaxe no IES Castelao, que acollerá o evento este ano, e prometeu unha gala “inusual e chea de sorpresas, que non deixará a ninguén indiferente”

A responsable provincial fixo pública a resolución da liña de axudas da que se beneficiaron 24 olímpicos e paralímpicos da provincia, e que contou cun orzamento de 125.000 euros

A Deputación de Pontevedra dedicará a Gala do Deporte aos olímpicos e paralímpicos da provincia, tal e como hoxe anunciou a vicepresidenta Luisa Sánchez, coincidindo cunha visita ao pavillón do IES Castelao de Vigo, lugar elixido para a celebración o vindeiro 8 de novembro a partir das 19.00 horas. Segundo informou a representante provincial, o evento centrarase nun recoñecemento aos participantes nas Olimpíadas e Paralimpíadas de París 2024.

A responsable provincial, quen tivo a oportunidade de supervisar a planificación da montaxe no pavillón do centro escolar con parte do equipo técnico, prometeu unha gala “inusual e chea de sorpresas, que non deixará a ninguén indiferente”.

Xunto a este homenaxe aos participantes nos Xogos de París, o deporte provincial terá un lugar destacado no contido da gala, na que se recoñecerán de forma destacada os logros e méritos máis salientables dos deportistas da provincia na tempada do 2024.

A gala, que incluirá proxeccións audiovisuais, música e exhibicións deportivo-artísticas, estruturarase en tres grandes bloques, dedicando un terceiro eixo temático á provincia como escenario de grandes eventos deportivos; sede de O Gran Camiño, do Internacional 6 Days of Enduro, do Mundial de Ciclocrós, da Vuelta Ciclista ou dos partidos oficiais das seleccións absolutas feminina e masculina de balonmán, entre outras citas destacadas.

Xa por último, a vicepresidenta adiantou que unha grande figura do deporte provincial será homenaxeada nesta nova edición, unha tradición iniciada na gala do 2023, aínda que preferiu non dar maiores detalles para manter a expectación.

Noutra orde, Luisa Sánchez aproveitou a ocasión para facer pública a resolución das axudas convocadas pola institución provincial para os deportistas da provincia que participaron nos Xogos Olímpicos ou Paralímpicos, e da que resultaron beneficiarios 24 deportistas da provincia, cunha achega individual de 5.208,33 euros. A liña está dotada dun crédito de 125.000 euros, e o goberno provincial púxoa en marcha tendo en conta que máis da metade dos deportistas galegos que competiron en París 2024 son da provincia de Pontevedra.  

Relacionadas

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

O BNG de Vigo presenta máis de 150 alternativas ao proxecto de Orzamentos Municipais...

0
A fronte nacionalista rexistra unha ampla batería de emendas parciais por importe de 22 millóns para que as contas do Concello do vindeiro ano...

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

0
O Concello inviste 45.000 na instalación de contadores intelixentes en vivendas para reducir fugas e optimizar o consumo financiado ao 80% por Augas de...

O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”

0
O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

O BNG rexeita que Jorge Cubela suba a taxa do lixo de 45 a...

0
Ernesto Filgueira: “Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de...

Publicacións Relacionadas