Home Pontevedra O Concello de Redondela demanda “responsabilidade” aos propietarios de mascotas para mellorar...

O Concello de Redondela demanda “responsabilidade” aos propietarios de mascotas para mellorar a limpeza nas rúas

- Anuncio -

– A concelleira de Medio Ambiente e Saúde, Pilar Martínez, advirte que os excrementos e ouriños facilitan a transmisión de enfermidades, sobre todo en lugares de lecer, parques, paseos, ou zonas de xogo infantil. Non recoller as deposicións dos animais pode carrexar multas de ata 750 euros para os infractores. Desde o Concello pídese a colaboración cidadá para identificar aos propietarios de animais que non cumpran coa normativa.

– Pilar Martínez advirte que este problema “só pode resolverse coa concienciación e colaboración dos propietarios de mascotas”. Os donos de cans deben levar unha botelliña con auga mesturada con vinagre, ou un produto de limpeza específico, para asperxer sobre os ouriños e diluílos. En todo caso, debe procurarse que os animas fagan as súas deposicións en zonas axeitadas “fóra de espazos de tránsito peonil ou de xogo, e afastados das entradas das vivendas ou comercios”.

Os ouriños e deposicións de animais, ademais de reflectir a falta de concienciación dos seus donos, constitúen un problema de hixiene e salubridade para a cidadanía. A concelleira de Medio Ambiente e Saúde, Pilar Martínez, advirte que os excrementos e ouriños facilitan a transmisión de enfermidades, sobre todo cando se atopan en lugares de lecer, parques, paseos, ou zonas de xogo infantil. “Non recoller estes residuos por parte dos donos dos animais contribúe a dar unha mala impresión da nosa vila, e supón un problema para a veciñanza de moitas zonas urbanas do municipio”. No caso dos excrementos existe unha ordenanza municipal que obriga á súa recollida. En canto os ouriños, a concelleira sinala que se trata dun problema grave nalgunhas rúas do centro da vila, onde os residentes teñen que soportar malos cheiros nas entradas das súas vivendas “polo incivismo dunhas poucas persoas”. Así pois preténdese sensibilizar ás persoas que teñen mascotas para que manteñan limpas as rúas e contribúen a preservar a contorna urbana. Pilar Martínez advirte que este problema “só pode resolverse coa concienciación e colaboración dos propietarios de mascotas”.

Para minimizar as molestias e malos cheiros, os donos de cans deben levar unha botelliña con auga mesturada con vinagre, ou un produto de limpeza específico, para asperxer sobre os ouriños e diluílos. En todo caso, debe procurarse que os animas fagan as súas deposicións en zonas axeitadas “fóra de espazos de tránsito peonil ou de xogo, e afastados das entradas das vivendas ou comercios”. Os excrementos deben recollerse sempre cunha bolsa plástica e depositala no colector correspondente. A concelleira lembra que non facelo pode carrexar multas de ata 750 euros para os infractores. Desde o Concello pídese a colaboración cidadá para identificar aos propietarios de animais que non cumpran coa normativa establecida.

Relacionadas

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

O BNG de Vigo presenta máis de 150 alternativas ao proxecto de Orzamentos Municipais...

0
A fronte nacionalista rexistra unha ampla batería de emendas parciais por importe de 22 millóns para que as contas do Concello do vindeiro ano...

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

0
O Concello inviste 45.000 na instalación de contadores intelixentes en vivendas para reducir fugas e optimizar o consumo financiado ao 80% por Augas de...

O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”

0
O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

O BNG rexeita que Jorge Cubela suba a taxa do lixo de 45 a...

0
Ernesto Filgueira: “Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de...

Publicacións Relacionadas