Home Pontevedra O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre...

O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”

- Anuncio -
  • O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou que desde o Concello “traballamos todos os días do ano na prevención da violencia machista”. Neste mes de novembro a programación refórzase aínda máis con actividades dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos e colexios e tamén para o público en xeral.
  • O lema deste ano, “Sempre hai saída” e a porta violeta que o representa “son un chamamento á liberdade, unha alegoría para que as vítimas busquen a axuda que precisan non só nas administracións ou entidades, senón na súa contorna, na súa familia e amizades, na veciñanza e na sociedade”, sinala Rivas.

Unha porta violeta presidiu este mediodía a presentación das actividades que organiza o Concello de Redondela este mes de novembro co gallo da celebración do 25N do Día Internacioal da Eliminación da Violencia contra a Muller. A alcaldesa, Digna Rivas, acompañada da concelleira de Igualdade Iria Vilaboa, o experto en seguridade dixital Javier Cancelas, e membros da asociación Andaina, deu conta da programación que comeza esta mesma semana. A rexedora salientou que desde o Concello “traballamos todos os días do ano na prevención da violencia machista, con actividades para darlle visibilidade a esta problemática e concienciar á sociedade”. Neste mes de novembro a programación refórzase aínda máis con actividades dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos e colexios, “porque na educación está a base da prevención de conductas machistas” e tamén para o público en xeral.
O lema deste ano, “Sempre hai saída”, busca ser “unha porta aberta á liberdade, unha alegoría para que as vítimas busquen a axuda que precisan non só nas administracións ou entidades, senón na súa contorna, na súa familia e amizades, na veciñanza e na sociedade. Que nunca máis sexa tarde para cruzar a porta cara á liberdade”, sialou Rivas. Ese lema está representado nunha porta violeta que se instalará na praza do Concello e recollerá ao longo deste mes as mensaxes dos centros de ensino, centros de día e colectivos como Andaina e Lenda, que participan desta actividade. Colexios, institutos e outras entidades participantes na campaña terán tamén a súa propia porta, con material achegado polo Concello, para escribir as súas mensaxes. A concelleira Iria Vilaboa explicou que a boneca “Violeta” visitará os diferentes centros e asociacións para coñecer estas mensaxes. Tanto Rivas como Vilaboa agredeceron a todos os centros, colectivos e asociacións a súa participación “xa o obxectivo deste goberno é que toda a sociedade se implique na loita contra a violencia machista”. Agradeceron tamén a colaboración da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade cuxos operarios se encargaron de realizar a porta violeta desta campaña.

PROGRAMACIÓN

Ao longo de todo o mes de novembro

  • OBRADOIROS “FALEMOS DE SEXO” E “PREVENCIÓN TRASTORNOS DE CONDUTAS ALIMENTARIAS DENDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO: VIOLENCIA ESTÉTICA”. Impartidos pola educadora Lucía Pereda (Talentea) para o alumnado dos IES e os centros escolares do concello.

Venres 15 novembro

  • Conferencia “Amelia. Historia de una lucha”. Multiúsos da Xunqueira. 10:00 e 12:00 h. A cargo de Amelia Tiganus. Dirixida ao alumnado dos IES do concello.
  • Exposición “Chicas Nuevas 24h”. Multiúsos da Xunqueira. 18:30 h. Dirixida por Mabel Lozano. Para o público en xeral.
  • Conferencia “Xuventude, internet e violencia sexual: ¿quen gaña?”. Multiúsos da Xunqueira. 19:00 h. A cargo de Amelia Tiganus. Dirixida ao público en xeral.

Venres 22 novembro

  • Conferencia “Violencia machista na contorna dixital”. Multiúsos da Xunqueira. 19:00 horas. A cargo de Javier Cancelas e Andrea González. Dirixida ao público en xeral.

Sábado 23 e 30 novembro

  • “Formación en autodefensa”. Pavillón Municipal A Marisma. 10:00 h. Inscrición previa en igualdade@redondela.gal

Sábado 23 novembro

  • Entrega galardón IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista. Oficina de Turismo. 12:00 h.

Luns 25 novembro

  • Acto institucional. Praza do concello. 12:00 h. Lectura da Declaración Institucional e a Performance “Sempre hai saída” de Neves Seara e Arancha Nogueira. Dirixida ao público en xeral.
  • Lazo humano. Praza do Concello. 12:30 h. Foto conxunta coas persoas asistentes. Prégase asistir con camiseta negra.

Xoves 28 de novembro

  • Contacontos “Aitana e a avoa, e outros contos violetas”. Multiúsos do Piñeiral, Chapela. 18:30 h. Con Soraya Lema. Para as crianzas de máis de 3 anos.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas