Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro Grial – Galicia 2050

- Anuncio -

Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador, Manuel Olveira, Carme Adán e Lourdes Méndez

O Museo de Pontevedra e Editorial Galaxia poñen en marcha o primeiro Foro Grial – Galicia 2050, unha iniciativa que pretende crear espazos para imaxinar futuros posibles en diferentes ámbitos. O encontro terá lugar este xoves 7 de novembro de 16:30 a 19:30 horas no Edificio Castelao, co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’. Está coordinado por Agar Ledo Arias e María López Sández.

O 1º Foro Grial – Galicia 2050 inclúe tres relatorios, a cargo de figuras destacadas da cultura e o pensamento. Germán Labrador exporá “A vocación dos estupefacientes. Sete teses sobre a relación entre imaxinación, cultura, memoria e esperanza na Galiza actual”. A partir da célebre frase de Castelao, en que a posibilidade dunha cultura que traballe pola emancipación individual e colectiva se enfronta a unha cultura que traballa para a neutralización e o ensimesmamento, o investigador e comisario galego preguntarase polos horizontes da sociedade e da cultura galegas nun contexto de crise ecosistémica, cambio xeopolítico e peche autoritario dos estados europeos.

Manuel Olveira achegarase ao futuro da arte coa conferencia “Futuro sen pasado? Futuros perentorios e pasados inacabados”. O director do MUSAC de León propón imaxinar futuros doutra maneira tendo en conta pasados que aínda non se atenderon nin se cumpriron, como a emigración, a ditadura e a transición, a subalternidade, a repolitización e democratización da sociedade, a produción de relatos enraizados no contexto e o fortalecemento da estruturas da arte.

A terceira cita da tarde será unha conversa entre Carme Adán e Lourdes Méndez, co título “Existe a comunidade?”. A problemática das identidades, dende o social ao subxectivo, será unha das cuestións centrais desta conversa entre dúas pensadoras contemporáneas que entenden que construír comunidades esixe manter ou reconstruír relación e obrigas sociais. Para pensar o futuro hai que preguntarse desde onde e con quen o pensamos, sen esquecer a transmisión interxeracional dos coñecementos teóricos e dos saberes prácticos. O foro pecharase coas intervencións do público e unha mesa de debate moderada por Agar Ledo.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas