Home Pontevedra Redondela demanda á Xunta unha solución ao transporte escolar do alumnado de...

Redondela demanda á Xunta unha solución ao transporte escolar do alumnado de Bacharelato

- Anuncio -

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, reuníronse hoxe en Pontevedra co xefe territorial de Ensino César Pérez Ares, para tratar as necesidades dos centros públicos do municipio. A Consellería de Educación vai levar a cabo investimentos por máis de 2,6 millóns de euros en nove centros educativos de Primaria e Secundaria. As obras previstas son a reformas no EEI A Marisma por importe de 67.853 euros (fontanería, falsos teitos e luminarias), no CEIP Laredo por valor de 36.000 euros (luminarias), no CEIP Quintela por 48.000 euros (aseos) e no CEIP Reboreda por 310.579 euros (carpinterías e melloras varias). No referente a Educación Secundaria, os investimentos serán no IES Illa de San Simón por importe de 69.195 euros (illamento térmico e acústico e instalación solar fotovoltaica), no IES Mendiño por 242.436 euros (instalacións térmicas) e no IES Pedro Floriani por 1.888.821 euros para a súa ampliación.
Durante a reunión falouse tamén sobre o convenio cos institutos do Concello para uso dos pavillóns polideportivos, a través do acordo coa Federación Galega de Municipios (FEGAMP), sobre as obras de reforma integral do CEIP Alexandre Bóveda. Desde o Concello de Redondela demándanse tamén obras de mellora para a eficiencia enerxética nos centros de Quintela e Cedeira.

Deficiencias no trasporte escolar
A alcaldesa insistiu na urxencia de dar resposta ás necesidades de transporte escolar dos institutos de Redondela, xa que son máis de 80 os alumnos e alumnas que carecen de servizo de autobús para desprazarse. Desde o Concello realizáronse os traballos técnicos para cubrir este servizo cun plan de transporte “que é unha prioridade para este goberno local”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. Desde a consellería de Ensino trasladaron esta petición á Dirección Xeral de Mobilidade, responsable agora desta competencia para manter unha reunión urxente coa nova directora territorial, Blanca García-Señoráns. En todo caso, o Concello de Redondela, traballa xa con outras alternativas “para garantir o transporte do alumnado de bacharelato desde as diferentes parroquias aos institutos”.

Relacionadas

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

O BNG de Vigo presenta máis de 150 alternativas ao proxecto de Orzamentos Municipais...

0
A fronte nacionalista rexistra unha ampla batería de emendas parciais por importe de 22 millóns para que as contas do Concello do vindeiro ano...

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

0
O Concello inviste 45.000 na instalación de contadores intelixentes en vivendas para reducir fugas e optimizar o consumo financiado ao 80% por Augas de...

O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”

0
O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

O BNG rexeita que Jorge Cubela suba a taxa do lixo de 45 a...

0
Ernesto Filgueira: “Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de...

Publicacións Relacionadas