Home Ourense A Xunta de Goberno Local habilita crédito para acometer a reforma do...

A Xunta de Goberno Local habilita crédito para acometer a reforma do Xardín do Posío e realizar obras de infraestruturas na cidade

- Anuncio -

Aproba un proxecto de modificación orzamentaria, que elevará ao Pleno, por 3,7 millóns de euros procedentes de remanente de tesourería

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión ordinaria desta semana o proxecto de modificación orzamentaria 10P, que prevé destinar 3,7 millóns de euros á execución de obras na cidade. A principal partida, de 2,6 millóns, destinarase á reforma do Xardín do Posío e os 1,1 millóns restantes serán para diferentes obras de infraestruturas. O acordo aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local elevarase ao Pleno da Corporación para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional da modificación proposta.

Na sesión, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos, aprobáronse un total de 18 acordos, como o Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Urbanismo para os anos 2024 a 2026 e varias licenzas urbanísticas, entre outros.

RELACIÓN DE ASUNTOS

Licenzas (9)

  • Aprobar os proxectos reformados de construción de 2 vivendas unifamiliares: unha na rúa do Portalón, en Santa María de Reza, e outra na rúa do Cumial, Seixalbo; e o de reforma e ampliación doutra no Alto do Cumial.
  • Conceder as licenzas urbanísticas de obra para o proxecto de demolición dun inmoble na rúa Manuel Murguía e para o proxecto de modernización dun ascensor nun edificio na rúa Concordia.
  • Conceder senllas prórrogas polo prazo de 6 meses para iniciar as obras de construción dunha vivenda unifamiliar na rúa Laza, e de rehabilitación doutra na rúa da Torre, As Curuxeiras.
  • Tamén deu conta de 2 solicitudes de particulares para declarar a innecesaridade de senllas licenzas urbanísticas de segregación de parcelas. Unha estímase e outra denégase.

Aperturas (2)

  • Conceder as licenzas urbanísticas de obra para o proxecto de acondicionamento dun local para un bar na rúa Pizarro e para o proxecto técnico de adecuación dun local para unha clínica dental na rúa Ramón Puga

Patrimonio (2)

  • Recoñecer unha obriga a favor do Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1 de Ourense e desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial, por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.

Servizo de Rehabilitación (1)

  • Aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións da Concellaría de Urbanismo do Concello de Ourense para o período 2024-2026

Xestión económica (1)

  • Aprobar o proxecto de modificación orzamentaria 10P/2024, utilizando a figura dos suplementos de crédito e créditos extraordinarios, por un importe total de 3.707.807,92 €, utilizando fondos procedentes do remanente de tesouraría para gastos xerais.

A modificación orzamentaria dota crédito para a reforma do Xardín do Posío, polo importe de 2.641.077,01 €, e suplementa crédito para as partidas orzamentarias de Investimento novo en infraestruturas viarias: 17.500,00 €, Infraestruturas viarias urbanas: 204.463,10 € e Investimento de reposición infraestruturas viarias 844.767,81 €

O acordo aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local elevarase ao Pleno da Corporación para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional da modificación proposta.

Avogacía Consistorial (3)

Na mesma sesión, deu conta de dúas sentenzas, ditadas polo Xulgado do Social número 3 de Ourense e o Xulgado do Contencioso – Administrativo número 2 de Ourense. O Concello tamén foi emprazado a comparecer diante do contencioso número 1 nun procedemento abreviado.

Relacionadas

O Concello organiza mañá a Noite de Medo – Halloween cunha morea de propostas...

0
Os obradoiros infantís estarán este ano no Parque de San Lázaro, desde onde sairá ás 19.00 horas o desfile que rematará na Praza Maior A...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

O Concello lembra os servizos mínimos durante a folga do persoal dos días 31...

0
O Concello de Ourense lembra os servizos mínimos establecidos para a folga do persoal funcionario e laboral convocada para mañá, xoves, 31 de outubro,...

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

O Ribeiro marida os seus viños coa arte e coa música nunha nova edición...

0
O Consello Regulador do Ribeiro, en colaboración coa Deputación a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, promove un ano máis un proxecto de maridaxe...

A Deputación mobiliza preto de 213.000 euros en axudas á cooperación con municipios e...

0
Diferentes concellos recibirán 198.000 euros en achegas para cofinanciamento en proxectos municipais de eficiencia enerxética, rozas, sinalizacións, acondicionamento de rúas, melloras en abastecemento, rehabilitación...

Publicacións Relacionadas