Home Xunta de Galicia A Xunta enxalza o labor da Policía Autonómica e reclama a cobertura...

A Xunta enxalza o labor da Policía Autonómica e reclama a cobertura de todas as prazas para garantir a seguridade cidadá

- Anuncio -

― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as novas instalacións da UPA en Vigo


― O déficit de efectivos supera xa o 30% poñendo en risco a atención das múltiples competencias deste corpo policial


― Diego Calvo insistiu no rexeitamento ás novas condicións que quere impoñer o Goberno central na renovación do convenio de mantemento das unidades adscritas, esixíndolles ás comunidades asumir maior financiamento

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe as novas instalacións da Policía Autonómica (UPA) en Vigo, onde enxalzou o labor realizado pola unidade e reclamoulle ao Goberno a cobertura total das prazas que corresponden a Galicia, así como a negociación das novas condicións que o Ministerio pretende impoñer no novo convenio para o mantemento deste corpo policial. Na visita participaron tamén os directores xerais de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e de Xustiza, José Tronchoni, e o comisario xefe da UPA, Jorge Rubal.

Segundo sinalou o conselleiro, a unidade da Policía Autonómica en Vigo realizou no que vai de ano preto de 12.500 actuacións, a meirande parte delas inspeccións e identificacións. Diego Calvo referiuse á importancia das competencias asumidas por este corpo policial, que foron medrando co tempo e que inclúen temas fundamentais como a atención a menores ou a vítimas de violencia de xénero, ademais da loita contra os delitos relacionados co medio ambiente, os incendios forestais ou o furtivismo, entre outros.

Nesta liña, destacou o risco que representa na súa atención a escaseza de efectivos, dado que o Goberno central segue sen cubrir as 500 prazas que corresponden a Galicia por catálogo. Na actualidade, o déficit de persoal supera o 30% no conxunto da comunidade, ao haber 344 policías, e está indo a máis debido ás xubilacións. Concretamente, na sede de Vigo, o cadro de persoal é de 38 efectivos fronte aos 50 precisos, apuntou.

O conselleiro incidiu tamén no rexeitamento de Galicia ás novas condicións que quere impoñer o Ministerio do Interior para a renovación do convenio de mantemento das unidades de policía adscritas, esixíndolles ás comunidades que financien o 50% das nóminas ademais do resto de gastos que supón a unidade. Ata o de agora, o Goberno central financiaba o 100% das nóminas e as comunidades os complementos.

Durante a visita, Diego Calvo puxo en valor as novas instalacións da Policía Autonómica en Vigo, enmarcadas na aposta da Xunta por dotar o persoal e a cidadanía de espazos funcionais, seguros e confortables. A nova sede conta con 500 metros cadrados de superficie onde se inclúen diferentes despachos, entre eles os específicos para a atención a menores e a vítimas de violencia de xénero, así como para abordar os delitos relacionados co medio ambiente e con incendios. Hai tamén unha área de seguridade, arquivo, sala de xuntas, armeiro e vestiarios, entre outros espazos. No que se refire á dotación da unidade, dispón de 14 vehículos.

Relacionadas

Galicia e País Vasco comparten o reto da atracción e retención de talento como...

0
— O secretario xeral de Universidades cualifica de “moi positivo” o intercambio de experiencias para abrir reflexións conxuntas e analizar posibles liñas de cooperación...

A Xunta de Galicia volve marxinar a Sanxenxo nos seus orzamentos coa complicidade de...

0
O BNG lamenta que, un ano máis, actuacións de primeira necesidade como o enlace do polígono con Vilalonga, a reforma do Centro de Saúde...

A Xunta investirá 6,1 M€ na Costa da Morte en materia de augas e...

0
— Ángeles Vázquez detalla que o vindeiro ano Augas de Galicia destinará 68,1 millóns de euros a iniciativas en materia de saneamento — Avanza que...

López Campos destaca un incremento de máis do 30% na partida destinada a accións...

0
Asegura que con este primeiro aumento iníciase unha senda de crecemento que se manterá ao longo de toda a lexislatura para levar a cabo...

Xunta e o concello de Arteixo exploran novas vías de colaboración para o impulso...

0
— A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o alcalde, Carlos Calvelo, reúnense para estudar a reedición dun convenio que permitiu a posta...

A Xunta pon de relevo o diálogo social para seguir avanzando nos dereitos dos...

0
― José González puxo en valor a traxectoria do homenaxeado e destacou a importancia destes galardóns que poñen o foco da sociedade nas persoas...

Publicacións Relacionadas