Home Vigo O Porriño O CEIP Xosé Fernández López estrea cuberta no patio de infantil

O CEIP Xosé Fernández López estrea cuberta no patio de infantil

- Anuncio -
  • Retirouse a antiga estrutura de fibrocemento e instalouse unha nova de planchas metálicas máis segura para o alumnado e o persoal docente
  • A obra requeriu unha inversión de 48.397 euros

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o xefe territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez, e a concelleira de Educación Carolina González, visitaron esta semana as instalacións do CEIP Xosé Fernández López para comprobar o resultado das obras de substitución da cuberta do edificio de educación infantil, que xa están finalizadas garantizando a seguridade e correcto desenvolvemento das actividades escolares.

A intervención, que contou cunha inversión de 48.397 euros por parte da Xunta de Galicia, consistiu na retirada da antiga cuberta de fibrocemento, material que contiña amianto e que representaba un risco para a saúde. No seu lugar, instalouse unha nova estrutura con planchas metálicas tipo sándwich, que proporciona unha contorna segura para as nenas e nenos e tamén para o persoal docente.

“A renovación da cuberta non só respondía á necesidade de eliminar os riscos derivados da presenza de amianto, tamén contribúe a crear un espazo máis seguro e funcional para o desenvolvemento educativo do alumnado”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. O rexedor destacou que se trataba dunha actuación moi demandada polo centro, no que nos últimos anos se acometeron diversas melloras significativas como a instalación dun ascensor, a renovación de toda a carpintaría exterior para mellorar o illamento, reformas no pavillón, implantación do comedor escolar e retirada do antigo depósito de gasoil, entre outras.

“É un edificio moi antigo e require de moito mantemento, pero seguiremos traballando da man do equipo directivo e a Xunta de Galicia para que poidan desenvolver a súa actividade nas mellores condicións, tanto no CEIP Xosé Fernández López como no resto dos centros educativos do Porriño”, concluíu Lorenzo.

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

0
O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora...

0
— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o...

Publicacións Relacionadas