Terá lugar o domingo 19 de xaneiro. A dificultade é alta e as inscricións realizaranse o martes 14 pola tarde na Oficina de Turismo
O Concello de Nigrán ofrece o domingo 19 de xaneiro un roteiro de sendeirismo de dificultade alta polo Camiño Real de San Pedro de Rocas, na Ribeira Sacra (Ourense). A actividade é gratuíta (inclúe transporte e guia) debendo ocuparse cada quen do seu xantar. A inscrición deberá realizarse presencialmente na Oficina de Turismo de Gaifar o martes 14 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas, tendo prioridade as persoas empadroadas en Nigrán (deberá presentarse o DNI). Para participar é imprescindible estar en perfectas condicións físicas, xa que se trata dunha ruta circular de pouco mais de 8 quilómetros de lonxitude a través de camiños tradicionais, nos arredores do Mosteiro de San Pedro de Rocas e o monte sobre o que se asenta. Este mosteiro é unha das xoias da Ribeira Sacra, nel atópase un pequeno centro de interpretación e unhas tombas escavadas no chan en forma de silueta humana. Para máis información: 699859418.