Home Pontevedra Baixo Miño Isabella, Elda e Lola, a voz da infancia e mocidade rosaleira no...

Isabella, Elda e Lola, a voz da infancia e mocidade rosaleira no 8º Encontro Estatal de Unicef en Bilbao

- Anuncio -

Reúne esta fin de semana a 180 rapaces e rapazas de toda España para falar sobre o dereito á protección

O futuro constrúese con voces novas pero poderosas. Isabella, Elda e Lola levarán esta fin de semana o nome do Rosal ao 8º Encontro Estatal de Participación Infantil e Adolescente de Unicef, un foro que do 10 ao 12 de xaneiro reunirá a 180 mozos e mozas de toda España para deseñar propostas que promovan contornas protectoras e seguras para nenos, nenas, mozos e mozas.
Coa participación destas tres rapazas de entre 17 e 10 anos integrantes do grupo de participación infantil e xuvenil ‘Fogaricos’, O Rosal é un dos seis concellos galegos presentes neste importante evento xunto a Tomiño, Moaña, Teo, A Laracha e Moeche. Isabella, Elda e Lola viaxaron acompañadas pola concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Beatriz Rodríguez, que destacou a relevancia desta cita, xa que “estes encontros son unha oportunidade única para que a mocidade sexa escoitada, para que compartan ideas e aprendan doutras realidades. É emocionante ver como toman conciencia dos seus dereitos e propoñen accións concretas que contribúan a crear unha sociedade mellor”.
Durante tres días, a rapazada participante no encontro analizará e debaterá sobre o dereito á protección, un tema clave na defensa dos dereitos da infancia. O traballo que realicen culminará nun manifesto que recollerá as súas conclusións e propostas, un documento que será trasladado ao Congreso dos Deputados e a outros espazos onde nenos, nenas e adolescentes poidan compartir as súas conclusións con tomadores de decisións.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, quixo resaltar o orgullo que supón para o municipio contar con esta representación no Encontro Estatal. “Isabella, Elda e Lola son un exemplo de como a participación de infancia e mocidade é fundamental para avanzar como sociedade. A súa presenza en Bilbao pon de manifesto o noso compromiso coas novas xeracións e co respecto polos seus dereitos e danos folgos para seguir traballando e converter ao Rosal nunha Cidade Amiga da Infancia”, subliñou.

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

0
O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora...

0
— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o...

Publicacións Relacionadas