Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación pechou o 2024 con máis de 600 adopcións e máis...

A Deputación pechou o 2024 con máis de 600 adopcións e máis de 1.200 animais rescatados a través do CAAN

- Anuncio -

O presidente provincial Luis López explicou que Pontevedra, con 72 animais, foi o concello con maior número de adopcións, e dos cans rescatados, máis da metade foron devoltos aos seus propietarios

Ademais, ao abeiro do novo programa de colonias felinas, o Centro de Recollida e Protección Animal (CAAN) esterilizou a 600 gatos en 17 concellos diferentes

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López fixo hoxe un balance do traballo desenvolvido polo CAAN (o Centro de Recollida e Protección Animal) no 2024, ano no que axudou a que máis de 600 cans e cadelas atoparan un novo fogar, tanto na provincia como en Galicia e noutros territorios do Estado. Ademais, o centro provincial conseguiu recoller a máis de 1.200 animais, dos que máis da metade, 750, puideron ser devoltos aos seus propietarios, xa fora no lugar onde se produciu o aviso ou nas propias instalacións do CAAN.

“Estou orgulloso de poder dicir que o CAAN é unha referencia en benestar animal, polos coidados desde o lugar de recollida; en cooperación e municipalismo, porque está a disposición dos concellos e son 51 os adheridos, e en sustentabilidade, no que ten que ver coas colonias felinas”, asegurou López, que lembrou que no ano que comeza o centro provincial segue “traballando para dar un servizo da mesma calidade” e fixo un chamamento “á adopción de animais e contra o abandono”.

Máis polo miúdo, das adopcións acadadas no 2024, se ben a maioría foron dentro do territorio galego (507), 109 chegaron a outras comunidades de España, principalmente a Castela e León (68), Asturias (15) e Madrid (12), máis tamén Castela A Mancha (6), Cataluña (3), Andalucía (2), Aragón (1), Pais Vasco (1) e Santa Cruz de Tenerife (1). No que se refire a Galicia, 437 foron na provincia de Pontevedra, 33 en Lugo, 31 na Coruña e 6 en Ourense.

Dos cans e cadelas que se quedaron na provincia, o maior número de adopcións rexistráronse no concello de Pontevedra (72), seguido de Vigo (55), Cangas (36), Sanxenxo (24), Gondomar (23), Vilagarcía (17), O Grove (15), Marín (14), Barro (12), Redondela (12), Cambados (11), Poio (11), Meaño (10), Ribadumia (10), Lalín (9), Meis (9), Vilanova (9), Caldas de Reis (7), Ponteareas (7), Ponte Caldelas (6), Cerdedo-Cotobade (5), A Estrada (5), O Porriño (5), Portas (4), Vilaboa (4), Cuntis (3), Moaña (3), Mos (3), Salvaterra (3), Silleda (3), Tui (3), Bueu (2), Fornelos de Montes (2), Mondariz (2), Nigrán (2), Pazos de Borbén (2), Salceda de Caselas (2), Soutomaior (2), Tomiño (2) ou Valga (2). Ademais, houbo unha adopción na Cañiza, Crecente, Forcarei, A Guarda, A Lama, Mondariz Balneario, Moraña e Pontecesures.

Por outra banda, o persoal do CAAN recolleu neste 2024 un total de 1.264 animais, dos que preto de 750 foron devoltos aos seus propietarios ou propietarias, 360 deles no propio lugar no que se produciu o aviso e 288 nas instalacións que o CAAN ten en Meis. Ademais, ao longo deste ano, os animais pasaron unha media de 78 días en ditas instalacións antes de ser adoptados. Actualmente son xa 51 os concellos de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións. O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia. As adopcións son gratuítas e os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados. O persoal asesora ás persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitas como para formalizar as adopcións pídese cita previa nos teléfonos 986 140 360 ou 886 217 391.

Colonias felinas
O presidente provincial lembrou que, dentro do programa de Colonias Felinas, o CAAN puxo en marcha o pasado ano un servizo de esterilización de gatos procedentes de colonias legalmente establecidas, a través do cal xa se esterilizaron 603 animais de 17 concellos diferentes. O proceso comezou o pasado mes de abril, cunha primeira fase da campaña na que os concellos se encargaban de levar os animais ao CAAN, onde se esterilizaron un total de 136 gatos de sete concellos (Mos, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Silleda e Soutomaior). “Neste 2025 seguimos o proceso para axudar aos concellos da provincia a cumprir coa Lei vixente”, que determina que están obrigados a xestionar as colonias felinas, identificando, esterilizando, vacinando e desparasitando os animais que as integran, como explicou López.

No mes de agosto, e ante a escaseza de medios dos concellos para poder coller e trasladar aos animais, comezou unha segunda fase na que o propio centro de recollida provincial pasou a encargarse da captura, esterilización e devolución dos animais ás súas respectivas colonias felina. Nesta fase, sometéronse ao proceso un total de 467 gatos de 16 concellos (Baiona, Catoira, Crecente, Mos, Ponteareas, Pontecesures, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova de Arousa).

Todos concellos adheridos ao CAAN poden solicitar este servizo, e para facelo deberán achegar a solicitude de esterilización de gatos recollidos nas colonias felinas, así como unha memoria na que se especifique, entre outras cuestións, o número de colonias no seu termo municipal e os animais presentes en cada unha delas. Cabe recordar que cada concello poderá solicitar un número máximo de animais a esterilizar por ano segundo o número de habitantes (25 para os de menos de 5.000 habitantes, 50 ata 10.000, 100 ata 20.000 e 200 ata 40.000 habitantes).

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

0
O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora...

0
— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o...

Publicacións Relacionadas