Home Ourense O PP esixirá ao Goberno de Sánchez dende o Senado impulsar a...

O PP esixirá ao Goberno de Sánchez dende o Senado impulsar a autovía A-56 entre Lugo e Ourense

- Anuncio -
  • Barreiro advirte que “esta autovía leva anos paralizada polo Goberno de Sánchez”; xa que “só está en funcionamento un pequeno tramo na provincia de Ourense” impulsado polo Goberno de Rajoy
  • O senador advirte que “o Goberno de Sánchez non fixo nada, o que demostra claramente o abandono e a súa falta de compromiso coa provincia de Lugo, co beneplácito do PSOE lucense e do BNG”
  • Os populares reivindican que “a comunicación por estrada entre as dúas capitais das provincias galegas do interior sexa por autovía” sen esquecer afear que “a alternativa, a N-540, se atopa en mal estado”

Os senadores do Partido Popular polas provincias de Lugo e Ourense esixirán ao Goberno de Sánchez dende a Cámara Alta “retomar e impulsar a autovía A-56 que une as cidades de Lugo e Ourense”. Así o explicou o senador lucense José Manuel Barreiro acompañado polos senadores de ambas provincias, alcaldes e portavoces dos municipios polos que estaba proxectada esta autovía.

Os senadores afean a resposta do Executivo a unha pregunta formal sobre os seus plans coa autovía A-56 -e, máis concretamente, sobre os prazos previstos para a súa posta en funcionamento- toda vez que se limita a dicir que “el Gobierno, a través del Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, sigue avanzando”. Ante esta “insatisfactoria” resposta, os representantes do PP no Senado por ambas provincias impulsarán unha proposición para darlle o mandato ao Goberno de Sánchez de retomar a construción da A-56”.

Barreiro explica que “esta autovía leva anos paralizada. Só está en funcionamento un pequeno tramo na provincia de Ourense, entre Vilamarín e ata A Barrela (Carballedo). Polo tanto, o que demandamos é darlle continuidade para que, efectivamente, se poda facer uso dunha vía de altas capacidades para comunicar as cidades de Lugo e Ourense”.

O senador do Partido Popular e viceportavoz do Grupo Popular lembrou que “foi o Goberno presidido por Mariano Rajoy o que tomou en serio este proxecto investindo entre o 2015 e o 2018 as maiores cantidades para facer posible o tramo que actualmente está en funcionamento”.

Dende entón, “o Goberno de Sánchez non fixo nada. Isto demostra claramente o abandono e a súa falta de compromiso coa provincia de Lugo, co beneplácito do PSOE lucense e do BNG”.

Os populares teñen reivindicado en numerosas ocasións que a comunicación por estrada entre estas cidades sexa por autovía porque “a única alternativa para comunicar as dúas capitais das provincias galegas do interior é unha vía tamén de titularidade nacional, a N-540, en moi mal estado”.

Os veciños da zona e as empresas vinculadas ao transporte sofren a diario o mal estado da estrada nacional e a parálise dunha autovía que permitiría vertebrar o interior de Galicia.

Barreiro condenou, unha vez máis, “o castigo do Goberno de Sánchez á provincia de Lugo en materia de infraestruturas viarias”.

Relacionadas

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O carril bus da rúa Curros Enríquez estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

0
O carril bus da rúa Curros Enríquez, desde a rúa Samuel Eiján até a Avenida da Habana, estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

O Concello instala na rúa do Paseo a escultura Desxeo, de Julio Nieto, que...

0
O alcalde, a concelleira de Artes e o artista ourensán asistiron esta mañá á presentación da obra, que estará xunto á Sala Valente até...

A Deputación alíase co COB para reivindicar o baloncesto inclusivo e levar o deporte...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reivindicou na presentación da área social do Clube Ourense Baloncesto un “paso fundamental” en materia de inclusión social a...

A Deputación divulga a cultura popular a través da revista Raigame, cun número no...

0
O vicepresidente 2º e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor esta publicación que en 1995 xurdiu para continuar o magnífico traballo etnográfico...

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza e roza nas marxes...

0
― Proseguirán as tarefas en distintas vías de titularidade da Xunta nos seus percorrido polos municipios de Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Ordes, Ribadavia, Ourense, Moaña...

Publicacións Relacionadas