Home Xunta de Galicia A Xunta pon en marcha unha plataforma tecnolóxica de apoio ás empresas...

A Xunta pon en marcha unha plataforma tecnolóxica de apoio ás empresas e entidades galegas nas súas accións fronte ao cambio climático

- Anuncio -
  • Paula Uría explica que este servizo de asesoramento especializado ten como obxectivo capacitar e axudar ás entidades adheridas á Alianza galega polo clima a definir o seu camiño no reto da transición enerxética e a acción climática
  • O servizo inclúe unha calculadora de carbono, que permite tanto calcular as emisións de GEI asociadas ás actividades dunha organización como cuantificar a redución de emisións que suporía a aplicación dun plan de mellora determinado

A Xunta puxo en marcha unha plataforma tecnolóxica de apoio ás empresas e entidades galegas nas súas accións fronte ao cambio climático e para avanzar cara a unha comunidade neutra en emisións.

A directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, explicou que este servizo de asesoramento especializado ten como obxectivo “capacitar e axudar ás entidades adheridas á Alianza galega polo clima a definir o seu camiño no reto da transición enerxética e a acción climática”.

Deste xeito, os socios desta iniciativa, cos que hoxe a directora xeral mantivo un webinario, terán á súa disposición unha ferramenta de comunicación actualizada para facilitar proxectos colaborativos e diferente información.

Máis polo miúdo, este servizo en liña, ademais de incluír todos os detalles relativos á celebración de eventos, talleres formativos ou eventos colaborativos, tamén ofrecerá asesoramento especializado para resolver consultas técnicas, elaborar unha folla de ruta da entidade en base ao seu punto de partida e identificar medidas de adaptación ao cambio climático, así como facer un seguimento das mesmas.

A directora xeral engadiu que esta plataforma incluirá unha ampla de recursos de interese para os membros da Alianza, como información sobre convocatorias de axudas e novidades legais ou regulamentarias.

A maiores, Paula Uría indicou que o servizo inclúe unha calculadora de carbono. Segundo explicou, trátase dunha ferramenta que permite calcular as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) asociadas ás actividades dunha organización e, ademais, ofrece a posibilidade de cuantificar a redución de emisións que suporía a aplicación dun plan de mellora determinado.

Cómpre lembrar que a Alianza galega polo clima é unha iniciativa posta en marcha pola Xunta en 2022 co obxectivo de conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática.

Deste xeito, pretende impulsar entre os seus socios -preto de 190 na actualidade- o establecemento de accións de adaptación ou mitigación do cambio climático, o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica e xurídica neste eido, a promoción da investigación ligada ao clima e a difusión de tecnoloxías para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

Relacionadas

Galicia aspira a reducir un 75% as emisións de dióxido de carbono antes de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a comunidade confía en consolidar os avances logrados nos últimos anos na loita contra o quecemento global co obxectivo...

Román Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra en Poio...

0
O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da actuación, que beneficia aos máis de 170 alumnos do colexioSubliña o compromiso...

A Conferencia Episcopal Polaca interésase pola xestión da acollida Xacobea en Galicia

0
Xosé Merelles acompañou ao bispo auxiliar de Gdansk (Polonia), Piortr Przyborek, na súa visita ao Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Santiago de...

A Xunta e Demarcación de Costas colaborarán para axilizar o traspaso dos medios precisos...

0
Ambas administracións avaliaron hoxe as condicións segundo as que o persoal de Costas pasará a formar parte da Administración autonómica A Xunta e Demarcación de...

A Xunta abordará no diálogo social solucions ante o impacto anual do absentismo laboral...

0
Un informe da USC e da UVigo analiza as posibles causas que poderían incidir na elevada taxa galega -4º CCAA no ranking nacional- e...

A Xunta inicia coas Universidades Públicas unha rolda de contacontos para planificar a nova...

0
Román Rodríguez mantén unha reunión de traballo cos reitores da USC, UVigo e UDC, que serán algunhas das institucións que poidan recibir a estes...

Publicacións Relacionadas