Home Xunta de Galicia A Xunta asina un convenio con NTT data para potenciar a formación...

A Xunta asina un convenio con NTT data para potenciar a formación de profesioais do sector TIC no centro de novas tecnoloxías de Galicia

- Anuncio -

— A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e o socio director de NTT DATA para Galicia e Asturias, Alberto Borrego, asinaron un acordo de colaboración para a formación dos profesionais TI galegos no CNTG

— Neste curso 2024/2025, o CNTG ten programados 136 cursos e 130 seminarios técnicos con preto de 2.700 prazas e case 7.000 horas de formación sobre temáticas moi demandadas, como ciberseguridade, IA, servizos na nube ou ciencia de datos

— A sinatura enmárcase no compromiso do Executivo galego co impulso da formación adaptada ás necesidades de sectores estratéxicos, como é o caso do TIC, composto por máis de 3.100 empresas en Galicia e que dá emprego a arredor de 23.000 persoas

A Xunta de Galicia e a compañía NTT DATA veñen de asinar un acordo de colaboración para o desenvolvemento de accións formativas dirixidas aos profesionais TI galegos, no marco do compromiso do Executivo galego co impulso da formación adaptada ao retos e necesidades do tecido produtivo.

O convenio —en cuxa firma participaron a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e o socio director de NTT DATA para Galicia e Asturias, Alberto Borrego— concretarase a través de seis seminarios técnicos sobre distintos aspectos da intelixencia artificial, que serán impartidos no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) entre xuño e novembro de 2025 por profesionais desta consultora de servizos empresariais e de IT, cuxa sede de Galicia é precisamente referente dentro da compañía neste ámbito.

Así, os seminarios previstos tratarán aspectos que van dende a introdución á IA xenerativa, o seu uso en procesos de ciberseguridade, o machine learning para persoal dos departamentos funcionais, a visión por computador para persoal das áreas de negocio das empresas, o paradigma de produción de modelos de linguaxe confiables (MLOPS) e o uso ético da IA.

A introdución aos distintos usos da intelixencia artificial foi unha temática de interese no 2024 no CNTG, celebrándose arredor dela cinco seminarios técnicos nos que tiveron a oportunidade de formarse 120 persoas.

Programa formativo do CNTG
A presente programación 2024/2025 do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia —destinada tanto a persoas traballadoras do sector TIC galego como a persoas desempregadas interesadas en incorporarse a el— contempla un total de 136 cursos (65 en modalidade presencial, 57 en modalidade virtual, dúas en modalidade de teleformación e nove en modalidade híbrida) cunha oferta de 2.689 prazas e 6.929 horas de formación. Ademais, prevé 130 seminarios técnicos.

Así, desde o inicio do curso o pasado mes de setembro, xa se teñen celebrado 62 cursos con 1.230 prazas ofertadas, para as que se presentaron 3.668 solicitudes. Adicionalmente, desenvolvéronse 43 seminarios, nos que se inscribiron preto de 1.700 persoas interesadas.

Atendendo á situación laboral das persoas formadas, un 65 % son empregadas do sector privado, o 24 % desempregadas, un 9 % traballadoras do sector público e un 2 % traballadoras por conta propia.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia confírmase así como un referente formativo para o sector TIC galego, un campo composto por máis de 3.100 empresas na nosa Comunidade —o que supón a quinta posición no Estado, só por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana— e dá emprego a preto de 23.000 persoas, cunha facturación global de case 3.700 millóns de euros, o que supón o 2,7 % do noso PIB.

Relacionadas

Galicia aspira a reducir un 75% as emisións de dióxido de carbono antes de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a comunidade confía en consolidar os avances logrados nos últimos anos na loita contra o quecemento global co obxectivo...

Román Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra en Poio...

0
O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da actuación, que beneficia aos máis de 170 alumnos do colexioSubliña o compromiso...

A Conferencia Episcopal Polaca interésase pola xestión da acollida Xacobea en Galicia

0
Xosé Merelles acompañou ao bispo auxiliar de Gdansk (Polonia), Piortr Przyborek, na súa visita ao Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Santiago de...

A Xunta e Demarcación de Costas colaborarán para axilizar o traspaso dos medios precisos...

0
Ambas administracións avaliaron hoxe as condicións segundo as que o persoal de Costas pasará a formar parte da Administración autonómica A Xunta e Demarcación de...

A Xunta abordará no diálogo social solucions ante o impacto anual do absentismo laboral...

0
Un informe da USC e da UVigo analiza as posibles causas que poderían incidir na elevada taxa galega -4º CCAA no ranking nacional- e...

A Xunta inicia coas Universidades Públicas unha rolda de contacontos para planificar a nova...

0
Román Rodríguez mantén unha reunión de traballo cos reitores da USC, UVigo e UDC, que serán algunhas das institucións que poidan recibir a estes...

Publicacións Relacionadas