Home Xunta de Galicia A Xunta avalía novas vías de colaboración co concello de Valga para...

A Xunta avalía novas vías de colaboración co concello de Valga para poñer en marcha futuras iniciativas de atención aos maiores

- Anuncio -

Antón Acevedo sinalou que o Executivo Galego destinou o pasado ano máis de 275.000€ para o bono coidado no fogar neste municipio

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, reuniuse esta mañá co alcalde de Valga, José María Bello, para avaliar novas iniciativas e programas para a atención ás persoas maiores deste concello e promover un envellecemento activo e saudable entre a veciñanza.

Neste sentido, o director xeral lembrou que a Xunta de Galicia destinou o pasado ano máis de 275.000 euros para a financiación dos bonos coidado no fogar deste concello. Trátase dunha achega directa de 5.000 euros anuais para aquelas persoas que prefiren ser coidadas nas súas casas por alguén da familia. Ademais, destacou que este concello conta tamén cun centro de día público, que presta unha atención diúrna a unha trintena de veciños da contorna.

Antón Acevedo sinalou a importancia de impulsar novos programas de envellecemento activo e saudable para as persoas maiores, especialmente nos concellos máis rurais de Galicia. Ao respecto, indicou que a Xunta de Galicia segue traballando para garantir a mellor atención dos maiores no lugar que eles decidan.

Relacionadas

Galicia aspira a reducir un 75% as emisións de dióxido de carbono antes de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a comunidade confía en consolidar os avances logrados nos últimos anos na loita contra o quecemento global co obxectivo...

Román Rodríguez destaca a reforma do patio cuberto do CEIP Isidora Riestra en Poio...

0
O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da actuación, que beneficia aos máis de 170 alumnos do colexioSubliña o compromiso...

A Conferencia Episcopal Polaca interésase pola xestión da acollida Xacobea en Galicia

0
Xosé Merelles acompañou ao bispo auxiliar de Gdansk (Polonia), Piortr Przyborek, na súa visita ao Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Santiago de...

A Xunta e Demarcación de Costas colaborarán para axilizar o traspaso dos medios precisos...

0
Ambas administracións avaliaron hoxe as condicións segundo as que o persoal de Costas pasará a formar parte da Administración autonómica A Xunta e Demarcación de...

A Xunta abordará no diálogo social solucions ante o impacto anual do absentismo laboral...

0
Un informe da USC e da UVigo analiza as posibles causas que poderían incidir na elevada taxa galega -4º CCAA no ranking nacional- e...

A Xunta inicia coas Universidades Públicas unha rolda de contacontos para planificar a nova...

0
Román Rodríguez mantén unha reunión de traballo cos reitores da USC, UVigo e UDC, que serán algunhas das institucións que poidan recibir a estes...

Publicacións Relacionadas