Con motivo da celebración das Festas da Anunciada e por motivos de seguridade para os nosos veciños e visitantes, realizaranse cortes de tráfico na vía para maior goce da mesma polos participantes.
Os cortes de trafico terán lugar durante dous días da festa, o primeiro entre as 22:30 horas do día 1 de agosto ata as 02:30 horas do día 2 de agosto para a actuación da orquestra París de Noia e o segundo será entre as 23:30 horas do día 2 de agosto ata as 00:30 horas do día 3 de agosto para a tirada de fogos de artificio en honra á Virxe da Anunciada.
O corte absoluto do tráfico rodado na PO-552 será desde a rotonda do porto pesqueiro ata a rotonda do Villarosa situada á altura da intersección coa EP-2202.
Desde o concello propoñemos os seguintes desvíos alternativos:
En dirección cara a Vigo poderemos ir pola rotonda de puga situada á altura da intersección da EP-2201, pola rotonda do persígueme situada á altura da intersección coa rúa Areas e, tamén pola rotonda da vía urbana de Sabarís de acceso á AG-57 (este).
En dirección desde A Garda poderemos ir a través da rotonda situada á altura do acceso á AG-57 (sur) e subida á EP-2203.
O acceso puntual ao Club Náutico Monterreal e Parador de Baiona efectuásese a través da rotonda do porto pesqueiro.

