O PP presenta unha queixa formal ante a Valedora do Pobo polo incumprimento legal do Concello de Pontevedra no uso das bandeiras oficiais

adminON
Lectura mínima de 3

• Pardo: “Os pontevedreses están fartos de que o alcalde e o BNG incumpran a lei. Unha vez máis, Lores demostrou que non ten o mínimo respecto cara aos nosos símbolos oficiais”

• Os populares de Domínguez esixen que, como tarde, para a festividade do Santiago Apóstolo, patrón de Galicia e España, ondeen as bandeiras oficiais do país, a comunidade autónoma e a cidade no exterior da Casa do concello de Pontevedra

O Partido Popular de Pontevedra presentará unha queixa formal #ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, debido ao incumprimento reiterado do Goberno municipal do nacionalista #Miguel Anxo Fernández Lores, en relación co uso das bandeiras oficiais, tal como establece a lexislación vixente na Constitución Española e na Lei 39/1981, pola que se regula o uso da bandeira de España e doutras bandeiras e insignias.

“Desde o PP realizamos múltiples requirimentos, tanto por escrito como de forma verbal, solicitando o cumprimento da normativa para que no exterior da Casa do concello ondeen as bandeiras de España, Galicia e Pontevedra. A pesar diso, non se recibiu resposta algunha por parte do Goberno do BNG, e a situación persiste a 48 horas de celebrarse a festividade do Santiago Apóstolo”, condenou a secretaria xeral e concelleira Pepa Pardo.

Os populares de Rafa Domínguez tacharon de “inadmisible” que o edificio principal do Concello da capital non exhiba as bandeiras oficiais. Ademais, o Partido Popular ha destacado a importancia de que estas bandeiras estean instaladas, como tarde, para a celebración do patrón de Galicia e España, o 25 de xullo, ao ser unha data de gran valor e carga simbólica para todos os galegos.

“Os pontevedreses están fartos de que o alcalde Lores e o BNG incumpran a lei, ademais de demostrar que non teñen o mínimo respecto polas nosas insignias e bandeiras oficiais. Desde o partido máis votado da cidade decidimos acudir á Valedora do Pobo para que obrigue aos nacionalistas para cumprir a lei e devolver os nosos símbolos oficiais ao consistorio da Praza de España de Pontevedra”, concluíu Pardo.

Comparte este artigo