Este sábado celébrase o V Open de Petanca Concello da Guarda 2025

adminON
Lectura mínima de 1

O Club de Petanca O Caldeiro organiza, en colaboración co Concello da Guarda, o V Open Concello da Guarda. Durante todo o sábado 26 disputarase nas pistas de Petanca do Codesal este torneo para atopar á nova tripleta gañadora.

En total, máis de 100 xogadores de toda Galicia participarán nesta proba, pertencentes a diferentes categorías desde sénior ata sub-23 e xuvenil. A final disputarase ás 19:30 horas e a entrega final de premios será ás 20:30 horas.

O Club O Caldeiro leva anos impulsando a petanca na Guarda entre os veciños da Guarda. Ademais de cosneguir levar a petanca entre os máis novos, tamén é un punto de encontro para os maiores e unha forma de socialización e de vida saudable.

Comparte este artigo