Achégase o Galifornia Beat, unha cita clave no calendario da cultura urbana galega

adminON
Lectura mínima de 1
  • Dous días cheos de música, skate, talleres, espectáculos…

O Galifornia Beat volve este ano cun cartel incrible tras o éxito da pasada edición, cinco anos despois. O Galifornia nace da crecente demanda das novas xeracións en deportes urbanos, que se une á xa asentada afección ao skate na Guarda.

A música desde logo que estará presente case de forma continua coa gran parrilla de actuacións e djs. Haberá competicións de skate en modalidade bowl, street e best trick.,polo que o público desfrutará dun bo espectáculo.

Ademais, o Galifornia está aberto a todos e todas con diferentes talleres e espectáculos de beatbox, breakdance, street football e skateboard school.

Diferentes xeracións únense no porto da Guarda polo deporte, pero tamén comparten unha destacada afección musical e espertar artístico. Os días 1 e 2 de agosto terá lugar esta sétima edición do Galifornia Beat, dous días repletos de música, actividades e moito skate.

Vide a desfrutar destes dous días de cultura urbana ao porto da Guarda!

Comparte este artigo