- Os nenos e nenas saharauís chegaron hai quince días á nosa vila
Hoxe visitáronnos tres nenos e nenas saharauís que viven estes meses de verán en casas de acollida temporal na Guarda. O programa Vacacións en Paz fai posible que poidan vivir uns meses fóra dos campamentos de refuxiados saharauís.
Supón unha oportunidade para aprender unha nova cultura e idioma, así como facer novas amizades. Ademais, aproveitan para realizar exames médicos e desfrutar dun clima máis relaxado, lonxe dos 50º que se poden acadar no Sáhara.
Desde o Concello quixemos darlles un pequeno agasallo a estes nenos e nenas para que desfruten xunto as súas familias de acollida e as súas amizades, mais tamén para que poidan desfrutar na súa casa á volta con todos os seus amigos e amigas.
Agardamos aumentar a futura colaboración con este programa con fin humanitario, e cuxos obxectivos, importancia e funcionamento explicáronnos hoxe as familias de acollida guardesa. O ano pasado, realizouse unha sesión de ioga solidario xunto o centro AWEN no que se acadaron 306€

