O concello de Nigrán tripite cita esta domingo con Karcocha, o arlequín urbano máis famoso do Mundo

adminON
Lectura mínima de 2

O mimo chileno, que acumula máis de 2 millóns se seguidores en redes, reaparecerá na contorna do Muíño de Porto do Molle a partir das 20:00 horas

O Concello de Nigrán tripite este domingo 13 de xullo a experiencia de gozar in-situ de Karcocha, nome artístico do que é o arlequín urbano máis famoso do mundo con máis de 2 millóns de seguidores en redes sociais. O artista chileno Gerardo Castro, quen xa estivo invitado polo Concello o ano pasado en Patos e Praia América e quen apadriñou o parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’, reaparecerá agora para ‘liala’ novamente, nesta ocasión na contorna do muíño de Porto do Molle a partires das 20:00 horas.

“É un dos artista de rúa máis recoñecidos a nivel mundial, polo que é un privilexio para o Concello de Nigrán poder volver a contar con el. A risa e o espectáculo están garantidos, e precisamente por iso suma millóns de seguidores en redes e milleiros de persoas que se desprazan a onde el anuncie con tal de poder presenciar os seus espectáculos”, explica o alcalde, Juan González.

Coa súa particular indumentaria e a súa característica voz de pito, Karcocha introduce unha dobre lectura de cada chiste para transformarse nun auténtico arlequín de circo contemporáneo no que prima a interacción co público. Trátase dun dos artistas de rúa máis famosos do mundo, acumulando 17 anos de experiencia en streetart en 49 países de Asia, América, Oceanía e Europa. 

Comparte este artigo