Cinco feridos leves tras un accidente de tráfico con tres vehículos implicados no Ézaro, no concello de Dumbría

adminON

Os bombeiros do parque provincial de Cee desprazáronse esta tarde ata O Ézaro, no concello de Dumbría, por un accidente de tráfico con tres vehículos implicados. Cinco persoas foron trasladadas ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee con feridas leves.

No operativo tamén interviñeron o 061, Protección Civil de Dumbría e Garda Civil de Tráfico.

Comparte este artigo