Conclúe o “Camiño gastronómico do Mar”

Redacción

Neda recibía este domingo aos peregrinos, que tomaron parte este ano na iniciativa “Camiño gastronómico do mar”. A proposta, destinada a promocionar a ruta xacobea que une pola costa da Mariña e Ferrolterra os camiños Norte e Inglés, fomentando ao tempo o consumo de peixe de Burela, a través da de degustacións ao finalizar cada etapa, concluía onte. Nesta ocasión, a cata tivo lugar en Pantín. Serviuse lombo de pescada con grelos e guiso de outono con choupas.

A pesar do mal tempo, unha trintena de persoas completaron o itinerario final entre Loira, en Valdoviño, e albergue de peregrinos nedense, onde lles deu a benvida a Concelleira de Turismo, Marián Bello.Na primavera, a Asociación Camino del Mar, impulsora do proxecto, volverá visitar o municipio no marco da proposta “Concello a Concello”.

Comparte este artigo