A academia municipal que xestiona Teatro do Ar pechou as inscrición case con 80 alumnos e con máis de dez en lista de agarda
O fin de curso da escola vaise facer en tres actos, unha gala infantil o sábado ás 12.00 horas, unha de adultos ás 19.00 horas e outra de mozos e mozas o domingo ás 12.00 horas. Todas no auditorio municipal
A escola de teatro municipal do Concello de Nigrán pechará o curso esta fin de semana nun curso no que confirma que foi un acerto comezar o seu camiño no 2021. Este ano cubriu todas as súas prazas con case 80 alumnos, o dobre que no primeiro curso, e máis de dez persoas en lista de aguarda. O Concello e Teatro do Ar, a asociación que xestiona a escola, invita a veciñanza a asistir as representacións que comezan este sábado ás 12.00 horas no auditorio municipal coa actuación dos grupos de infantil e de nenos e nenas, que representarán tres obras.
O sábado ás 19.00 horas comezará, tamén no auditorio municipal, a gala de fin de curso cos adultos. Ás 19.05 un dos dous grupos de maiores que hai na escola abrirá o evento, seguidos ás 19.25 horas polo grupo de mozos, ás 19.40 polo outro de maiores e ás 20.00 horas polo de adultos. Todos presentarán pequenas representación teatrais creadas a partir das súas ideas e montadas durante o curso.
A domingo ás 12.00 horas o grupo de nenos e nenas 2 da escola tamén presentará dúas obras de maior duración no auditorio municipal e ás 14.00 horas será o momento de pechar o pano do curso ata o ano que vén. .
A escola teatral do Concello de Nigrán naceu no 2021 da man de Teatro do Ar e o Goberno Municipal e nos catro anos que ten de existencia máis de 200 persoas puideron iniciarse no teatro. O alcalde de Nigrán, Juan González, tamén aproveita para dar os seus parabéns ao alumnado polo seu gran traballo e indica “qque a escola volverá con máis forza no vindeiro outono e que é un orgullo para Nigrán confirmarse como un lugar de referencia para o teatro galego”.
Dende Teatro do Ar destacan que o crecemento da escola vai da man “do rico mundo teatral que estamos a construír entre todos en Nigrán” e lembran que programan xunto ao Concello e a Fegatea máis de 12 representaciósn de grupos de toda Galicia ao ano durante a primavera e o outono.

