O Concello de Baiona abre o prazo para que aquelas familias que desexen anotarse para o sorteo de prazas que realizase por sorteo puro, tendo prioridade os veciños empadroados en Baiona segundo os parámetros seguintes:
– Alumnos censados en Baiona que non participasen nunca no programa da Semana Verde en edicións anteriores, para garantir que cada ano teñan prioridade os escolares de Baiona censados no municipio e que nunca participasen.
– Alumnos censados que xa participaron na Semana Verde.
– Alumnos non censados que nunca participaron.
– Alumnos non censados que xa participaron.
As inscricións poden realizarse no pavillón municipal de deportes de Baiona en horario de 9.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h, no teléfono do pavillón 986356558, por correo electrónico en deportes@baiona.gal ou tamén descargando a aplicación BAIONACODEPORTE!, en www.baionacodeporte.gal.
O sorteo realizarase o próximo día 16 de xuño de 2025 ás 9.00 H no pavillón municipal de deportes, facendo público o Concello de Baiona unha listaxe de solicitantes e as 50 prazas concedidas, creando ao mesmo tempo unha listaxe de reserva (cos criterios fixados anteriormente) que será respectado en caso de existir renuncias. Confirmásese a praza por correo electrónico, onde se enviase toda a información resultante do sorteo.

