O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición para participar na ‘IX Carreira Nocturna’, que terá lugar o sábado 31 de maio nun percorrido 100% asfaltado, con saída e chegada no Campo das Redes, en pleno paseo de Praia América.Esta cita imprescindible para os amantes do running ofrece dúas distancias, 5 e 10 quilómetros, a absoluta dará comezo ás 21:30 horas e está aberta a maiores de 14 anos, e desde as 20:30 horas celebraranse carreiras infantís gratuítas para nenos de 3 a 14 anos, fomentando así a participación familiar e o deporte base. As inscricións, con prezos entre 12,50 € e 15,50 €, están abertas ata o 29 de maio na web oficial https://www.nocturnanigran.com/

