Derradeira semana para participar no Concurso de Carteis ‘Quin Alborés-Nigranjazz’ do Concello de Nigrán e dotando con 700 euros

adminON
Lectura mínima de 2

O prazo para a presentación de propostas para representar a imaxe do XIX Nigranjazz este verán remata o mércores 30 de Abril, ‘Día Internacional do Jazz’

O Concello de Nigrán pecha o mércores 30 de abril o prazo para presentarse ao xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés-Nigranjazz’ dotando con 700 euros á proposta gañadora. O certame, que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz 2025 na súa XIX edición, rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o evento desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis. As bases completas poden consultarse na web do Concello www.nigran.es ou na propia Casa Consistorial.

Como en cada edición, o concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas (individualmente) un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) e deben ser anónimos de acordo co previsto nas propias bases, poidendo enviarse as propostas por correo electrónico, por Rexistro ou Correos, seguindo as indicacións facilitadas na convocatoria.

“O Concello de Nigrán mantén unha vinculación estreita co mundo do jazz a través da súa programación cultural e estamos moi orgullosos de unir con este certame música e deseño baixo o paraugas do jazz”, explica o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo