Mos presenta un Entroido cheo de cor, diversión e música con programación desde o 23 de febreiro ata o 4 de marzo

adminON
Lectura mínima de 3

O desfile de comparsas pola Avenida de Sanguiñeda será o domingo día 2 de marzo e o Concello incrementou este ano o orzamento para os premios do concurso, que ascende a un total de 12.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respectivamente, xunto con demais membros do equipo de goberno local presentaron esta mañá o cartel e a programación do Entroido 2024 en Mos.

As representantes municipais, Arévalo, Cebreiro e Loureiro, informaron de que o Desfile de Entroido celebrarase como cada ano pola Avenida de Sanguiñeda. Será o domingo día 2 de marzo a partir das 17:00 horas da tarde.

O prazo de inscrición para as comparsas participante no desfile abrirase o vindeiro luns 17 de febreiro. No concurso de comparsas repartiránse un total de 12.000 euros (2.000 euros máis que o ano pasado) en premios tanto por participación como á mellor comparsa infantil e de adultos, mellor carroza, mellor vestiario e mellor animación. 

O prazo para inscribirse vai dende o luns día 17 e remata o luns día 24 de febreiro, ambos inclusive. O listado de comparsas admitidas será publicado o martes día 25 de febreiro na páxina web do Concello, www.mos.es

Para dirimir os premiados, o xurado do concurso valorará cuestións como: número de membros das comparsas, vestiario, orixinalidade, coreografías, e presenza de elementos complementarios como carrozas, harmonía, simpatía, etc.

Por outra banda organízanse tamén as habituais Festa Infantil de Entroido, que este ano terá lugar o día 3 de marzo desde as 17:00 horas da tarde no Pavillón Óscar Pereiro, e o 23 de febreiro un show de Cristian en Torroso a favor da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e o 4 de marzo un xantar de Entroido para maiores no Multiusos das Pozas.

Todos os detalles da programación:

–          DIA 23 DE FEBREIRO:

SHOW DE CRISTIAN

Centro Dotacional de Torroso

19:00 h

Entrada solidaria 3€ a favor de SOGAPS

Venta de entradas anticipadas no centro Dotacional de Torroso

–          DIA 2 DE MARZO:

Desfile de comparsas

Ao remate, Concerto THE TURRES BAND

na Avd de Sanguiñeda

17:00 h

–          DIA 3 DE MARZO:

Festa Infantil de Entroido

Hinchables, obradoiros, dj, animación

Concerto de OLLO PIOLLO

17:00 h

Pavillón Óscar Pereiro

–          DIA 4 MARZO:

Xantar de Entroido e baile amenizado polo grupo Azabache

Maiores de 55 anos

Multiusos das Pozas

13:30 h

Prezo: 25 €

Comparte este artigo