Galicia cada o mellor outubro da serie histótica con 1.127270 afilicaións á seguridade social e pecha o mes con 114.849 persoas desempregadas

Redacción

— A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, destaca que a Comunidade suma 24.286 afiliacións máis que hai un ano, cun crecemento do 2,20 %, e alcanza o cuarto mellor rexistro global desde 2004


— En relación co paro, subliñou o impacto que está a ter proceso extraordinario de regularización estatal nos datos interanuais debido ao incremento concentrado no colectivo sen emprego anterior


— Por sectores, a construción lidera a redución do desemprego con respecto a outubro de 2025 (-5,34 %), seguida da industria (-1,35 %), do sector primario (-1,16 %) e dos servizos (-0,40 %).

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou esta mañá os últimos datos de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social. Destacou que Galicia alcanzou en outubro os 1.127.270 cotizantes, o máximo rexistrado para este mes desde o inicio da serie histórica, en 2004, e o cuarto maior rexistro global, só por detrás dos de xullo, agosto e setembro deste mesmo ano. Ademais, a Comunidade conta con 24.286 afiliacións máis que hai un ano, o que supón un incremento do 2,20 %.
En relación co paro, Galicia pechou outubro con 114.849 persoas paradas. O desemprego aumentou un 1,29 % respecto ao mesmo mes do ano anterior, unha suba que, segundo explicou Lado, se concentra no colectivo sen emprego anterior, indicando que este comportamento está relacionado co impacto das persoas regularizadas ao abeiro do proceso extraordinario impulsado polo Goberno central. Pola contra, o paro descendeu en todos os sectores económicos. A maior baixada correspondeu á construción (-5,34 %), seguida da industria (-1,35 %), do sector primario (-1,16 %) e dos servizos (-0,40 %).
En termos mensuais, o desemprego aumentou un 2,15 %, unha evolución habitual en outubro pola finalización dos contratos vinculados á temporada de verán. Con todo, a suba foi inferior á media dos últimos 30 anos, situada no 3,09 %.

A directora xeral sinalou que esta evolución se enmarca nunha tendencia xeneralizada no conxunto do Estado: 13 das 17 comunidades autónomas rexistraron un aumento interanual do paro e todas experimentaron unha suba mensual. Neste contexto, Galicia sitúase como a 6ª comunidade con mellor evolución interanual e a 9ª na mensual, en termos relativos.
Lado lembrou que estes indicadores deben analizarse cunha perspectiva de medio e longo prazo. Neste sentido, subliñou que a Xunta continúa impulsando medidas para favorecer o emprego estable e de calidade, así como para responder ás necesidades de talento e á cobertura de vacantes das empresas.

Comparte este artigo