Onte venres se celebrou un novo encontro da comisión de seguimento para coordinar as próximas accións.
O próximo mércores 29 o Parlamento de Galicia, e o venres 31 o Concello de Mos debaterán sobre a proposta desta nova autovía nos seus respectivos plenos coa presencia de veciños.
Onte venres celebrouse, na sala de xuntas do Concello de Mos, unha nova reunión da comisión de seguimento contra a nova A52, da que forman parte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, membros do goberno local, representantes do BNG que xunto co Partido Popular defenden esta causa, técnicos municipais, representantes da plataforma DefendeMos, e tamén dos colectivos veciñais e sociais afectados.
Nesta nova xuntanza se plantexou un calendario de diferentes accións que se van a levar a cabo e nas que os integrantes da comisión entenden que resulta relevante que o pobo de Mos exprese a súa postura respecto a esta infraestrutura do Ministerio de Transportes.
Nos próximos días, unha vez concluídas as reunións informativas con todas as parroquias do municipio, así como coas asociacións veciñais, se procederá a convocar novos encontros informativos dirixidos as comunidades de usuarios de traídas de augas, para abordar en detalle a importante afección que esta obra causaría nos caudais e depósitos das mesmas, coa posibilidade incluso de desaparición dalgunhas delas.
Mércores 29 de xaneiro
Este próximo mércores 29 de xaneiro o Parlamento de Galicia debaterá no seu pleno ordinario unha PNL (Proposta non de Lei) sobre a Nova Autovía A52 que será defendida pola Deputada Autonómica e Concelleira mosense Felisa Rodríguez, na que exporá o impacto que o novo trazado da autovía A52 provocaría no territorio.
Neste sentido, e atendendo ás demandas da veciñanza, o concello de Mos porá todos os medios necesarios para facilitar que aquelas persoas que así o desexen poidan ser testemuñas de primeira man.
A coordinación desta acción estará dirixida polos membros da plataforma “DefendeMos”, que habilitarán diferentes puntos de saída a primeira hora do día 29, e a reserva de prazas se realizará contactando coa propia plataforma.
Venres 31 de xaneiro
Será o día 31 cando está previsto que se celebre un pleno extraordinario e monográfico sobre a A52 na sala de Xuntas da casa consistorial de Mos, para dar conta das alegación veciñais recibidas así como dos informes e da contundente resposta técnica que o Concello de Mos elevou xa ao ministerio.
Ao remate da sesión plenaria terá lugar unha concentración cidadá na praza do Concello de Mos, sita en Petelos.
A inmensa maioría das forzas sociais, institucionais, políticas e veciñais de Mos atópanse unidas na defensa ao seu territorio para evitar que unha nova infraestrutura volva a rachar o concello.

