Érguete e Corre, unha carreira para axudar a unha asociación que axuda a máis de 8.000 persoas cada ano

adminON
Lectura mínima de 3

A proba do Circuíto Run Run de Vigo comezará este domingo ás 11.00 horas na prazá pública de Vialia e a inscrición remata mañá ás 23.59 horas

A Asociación Érguete celebra este domingo na praza pública de Vialia a oitava edición da súa carreira Érguete e Corre, unha proba coa que se pechará o Circuíto Run Run do Concello de Vigo. Será unha xornada para que corredores e corredoras ultimen as súas marcas e para axudar ás máis de 8.000 persoas usuarias que a asociación atende cada ano. As  inscricións aínda están abertas ata mañá ás 23.55 horas e a carreira conta con catro probas: ás 10.00 horas comeza a carreira de peques para nenos e nenas nados entre 2012 e 2021, ás 10.55 h sairán as persoas participantes da proba de bicis e ás 11.00 h comezará a carreira de 5 k e 10 k e a andaina. 

Todos os cartos acadados durante a proba serán adicados a dous programas de intervención da Asociación Érguete. Un centrado nas vivendas de acollida que ten a asociación en Vigo para que persoas que tiveron problemas de adiccións recuperen as súas vidas normalizadas a nivel laboral e persoal e outro adicado a traballar a creacións artística coas persoas usuarias na cidade e nas prisión galegas. “Queremos preparar unha serie de traballos artísticos con eles e elas acompañados de profesionais de cara ao 40 aniversario da asocaición o ano que vén”, explica a coordinadora da Asociación, Elvira Rivas. 

Ademais da carreira, a Asociación organizará durante a mañá varias actividades . “Haberá animación para nenos e nenas con talleres de teatro e educación sostible da man de Teatro do Ar, haberá tamén servizos de fisioterapia gratuítos co equipo de Osteovigo e varias sorpresas e sorteos máis. “Queremos que sexa unha festa e lembrar a loita que aquelas nais de Érguete iniciaron nos 80 e que continúa hoxe”, conclúe Elvira. 

A carreira foi presentada hoxe no Concello de Vigo co alcalde, Abel Caballero, o concellerio de Deportes, Manel Fernández, a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, o responsable do seu programa de vivendas, Javier Alonso, o director de Meu Fit, Marcos Alonso, el responsable de Servicios Generales del centro comercial Vialia Estación de Vigo, Walter González e a xerente de Fiat Seguros, Teresa Varela.

Comparte este artigo