Mañá abre o prazo para presentar as solicitudes a un nicho nos cemiterios municipais de San Amaro, Lourizán e Ponte Sampaio

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello pon a disposición da veciñanza 300 nichos nos tres camposantos.  

As concesións serán por 75 anos.  

As bases, impresos e planos xa están colgados na sede electrónica do Concello de Pontevedra 

A Concellaría de Cemiterios que xestiona Anabel Gulías, abre mañá o prazo para presentar solicitudes para os  particulares que queiran optar á concesión dun nicho nos cemiterios municipais de San Amaro, Lourizán e  Ponte Sampaio. Pon a disposición 300 nichos cunha concesión de 75 anos. O prazo de solicitude rematará en  30 días, a partir de mañá.  

A relación de nichos, prezos e tempo de concesión é a seguinte:  

• San Amaro. 200 nichos. Prazo de concesión: 75 anos  

• 1ª Fila: 1428,07 € 

• 2ª fila: 1552,25 € 

• 3ª fila: 1552,25 € 

• 4ªfila: 1303,87 €.  

• Lourizán. 36 nichos. Prazo de concesión 75 anos.  

• 1ª fila: 492,94 € 

• 2ª fila: 537,76 € 

• 3ª fila: 537,76 € 

• 4ª fila: 448,14 €.  

• Ponte Sampaio. 64 nichos. Prazo de concesión 75 anos.  

• 1ª fila: 1256,60 € 

• 2ª fila: 1316,14 € 

• 3ª fila: 1316,14 € 

• 4ª fila: 1292,65 €.  

Cómpre lembrar que non poden ser concesionarios: persoas xurídicas; as que sexan titulares dunha  concesión sobre unha parcela nun cemiterio municipal; e ningunha persoa pode ser titular de máis de 4  nichos. Só poderán solicitar un ou dous nichos.  

As bases xa se poden consultar no perfil do contratante do Concello de Pontevedra:  https://sede.pontevedra.gal/public/publications/list/employerprofile/PUB-PERFIL6/details/256843024 

Os planos e os impresos xa están colgados no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de  Pontevedra:  

https://sede.pontevedra.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=270562786

Comparte este artigo