O Concello de As Neves comprácese en anunciar a recente concesión dunha subvención dentro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra (Expediente 2024017365), destinada á instalación dun novo pavimento deportivo no Pavillón Municipal.
Este novo chan cumpre cos estándares máis esixentes para a práctica do deporte, asegurando que tanto os adestramentos como os partidos oficiais se realicen en condicións óptimas. A instalación deste pavimento ten como obxectivo principal evitar lesións e proporcionar un entorno seguro e adecuado para todos os deportistas.
Recoméndase a todos os usuarios seguir estritamente as indicacións de uso do novo pavimento para garantir a súa durabilidade e manter a seguridade durante as actividades deportivas.
Con este novo pavimento, o Pavillón Municipal de As Neves reforza o seu compromiso co deporte de calidade e posiciónase como unha infraestrutura de referencia na comarca.

