Incendio nun colector do lixo na rúa San Xoán Bautista do Concello de Carballo

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo participaron ao redor das 18:00 horas de onte nun operativo destinado á extinción do lume que afectou a colectores do lixo na rúa San Xoán Bautista.

O incendio implicou a dous colectores do lixo e aos residuos que estaban acumulados fora dos mesmos. Debido a incidencia, a rúa tivo que ser cortada pola Policía Local e o operativo dos bombeiros consistiu na extinción das lapas.

Participaron tamén a Policía Local e Protección Civil de Carballo.

Comparte este artigo