As lonas da campaña pola Igualdade no Deporte xa locen nos pavillóns de Redondela

adminON

As lonas da campaña pola Igualdade no Deporte xa locen nos pavillóns de Redondela cos lemas gañadores do concurso “E ti por que loitas?” . Foron as propias xogadoras e xogadores dos clubs os que propuxeron lemas para esta campaña co fin dar visibilidade á opinión da mocidade sobre as desigualdades presentes no deporte. A veciñanza votou entre as diferentes alternativas e os dous lemas gañadores foron: “Tod@s coa mesma pegada, o éxito é loitar pola igualdade” e “Como muller, nin un PASE atrás”.

As lonas xa están instaladas nos pavillóns municipais de Redondela e a Marisma. Onte venres representantes dos clubs Casa Paco e Sarillas, gañadores do concurso, participaron xunto coa alcaldesa, Digna Rivas, e os concelleiros de Igualdade e Deportes, Iria Vilaboa e Iván Valles, na colocación destas grandes pancartas “para conmemorar esta campaña e lembrar cada día a necesidade de seguir na loita pola igualdade en todos os ámbitos, tamén no deporte”. Desde o Concello de Redondela agradecen tamén a participaron nesta campaña doutros clubs como o CAR e o CPA Bolboreta.

Comparte este artigo