Concerto do Conservatorio Superior de Música de Vigo en Redondela

adminON
Lectura mínima de 1

Este venres, día 31, alumnado do Conseratorio Superior de Música de Vigo ofrecerá un concerto o auditorio da Xunqueira. Este concerto é aberto ao público e con entrada de balde. Trátase do primeiro concerto do CSMV en Redondela no marco do convenio asinado entre o centro de estudios musicais vigués e o Concello de Redondela. Esta actuación inaugura, pois, todo un programa de concertos que se irán celebrando no Auditorio da Xunqueira. Desta maneira Redondela completará a súa oferta de música clásica que xa contaba, até o de agora, coa colaboración do Conservatorio Municipal e a Escola de Música de Chapela.

Comparte este artigo