Home A Coruña A Xunta investiu case 200.000€ en diferentes actuacións medioambientais no concello de...

A Xunta investiu case 200.000€ en diferentes actuacións medioambientais no concello de Mazaricos

- Anuncio -

Trenor destacou que o Fondo de Compensación Ambiental deixou na comarca do Barbanza máis de 658.000 euros en 13 proxectos
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, comprobou as diferentes actuacións levadas a cabo no concello de Mazaricos ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. A través desta liña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Goberno galego investiu neste Concello máis de 197.000 euros para a subministración de soportes para contedores de recollida de RSU, para a construción dunha caseta prefabricada de madeira para aula da natureza, na mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral polivalente e en actuacións de roza mecanizada e limpeza de estradas, pistas e camiños rurais
No marco deste fondo, que na convocatoria deste ano conta cun orzamento de 12,5 millóns
de euros, o Goberno galego financia actuacións nos concellos dirixidas ao incremento da
eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da
biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.
Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través da orde do Fondo de
Compensación Ambiental repartíronse máis de 658.000 euros en 13 proxectos na comarca
do Barbanza nos municipios de Boiro, Carnota, Lousame, mancomunidade de concellos de
Serra do Barbanza, Mazaricos, Muros, Outes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira e
Rianxo.
Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola
que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de
Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de
produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
O delegado da Xunta recalcou “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas
orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das
enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio
territorial, polo que son de gran utilidade para os concellos”.

Relacionadas

Abre o prazo para inscribirse no Obradoiro de Banda Deseñada que impartirá o debuxante...

0
Se tes entre 8 e 18 anos e che gusta debuxar; se eres un apaixoado/a do cómic pero pensas que é difícil contar historias...

A Concentración Moteira SinFrenos fai xa dez anos de historia facendo ruxi-los motores na...

0
A Concentración Moteira SinFrenos fai xa unha década de traxectoria sobre dúas rodas cunha participación da cal se agarda que se sitúe nas máis...

A Pobra estende a oferta cultural polo Día das Letras Galegas a todo o...

0
A poeta Luísa Villalta é a autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas neste 2024, unha data que o Concello da Pobra do Caramiñal...

Neda contará dende este mes con dúas persoas traballadoras para facer rozas e labores...

0
O Concello de Neda prevé incorporar nas próximas semanas a dúas persoas traballadoras con cargo ao plan de fomento do emprego no medio rural...

Miño terá máis cobertura e mellores conexións coa chegada das redes 4G e 5G

0
● As principais operadoras de telefonía móbil comezarán a ofrecer en Miño estes servizos móbiles de nova xeración. ● Este despregamento pode causar incidencias coa...

Preto de 200 agrupacións de persoal voluntario de protección civil benefícianse do apoio da...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 eurosEstas achegas complementan a outra orde de axudas...

Publicacións Relacionadas