Home Pontevedra O Salnés A Xunta pon en marcha un segundo Obradoiro Dual de Emprego en...

A Xunta pon en marcha un segundo Obradoiro Dual de Emprego en Vilanova de Arousa para fomentar este ano a 36 desempregados cun investimento de case 700.000€

- Anuncio -

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, e o alcalde Gonzalo Durán inauguran ‘Vista Real VI’, que se desenvolverá durante nove meses con vinte participantes nos módulos de Xestión de Redes de Voz e Datos e Instalación e Mantemento de Xardíns
A Consellería de Emprego e Igualdade vén de poñer en marcha un segundo obradoiro dual de emprego no Concello de Vilanova de Arousa, xa que á iniciativa laboral de hostalaría para menores de 30 anos que arrancou hai un mes vén de unirse Vista Real VI, o que permitirá formar este ano a 36 persoas desempregadas do municipio cun investimento global de case 700.000€.
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, que inaugurou este novo obradoiro hoxe ao mediodía co alcalde Gonzalo Durán no Pazo de Vista Real, destacou a
“forte aposta do Goberno galego pola formación, a inserción e o traballo” no concello, xa que vai dispoñer de dous obradoiros, e na bisbarra do Salnés, que é a que disporá da maior
oferta de toda a provincia de Pontevedra
Nesta comarca desenvolveranse oito obradoiros duais, catro para mozos e outros catro para
xente de todas as idades, que se celebrarán tamén nos concellos de Vilagarcía de Arousa e
Cambados e en Sanxenxo e Ribadumia no caso dos dous concedidos á Mancomunidade.
En total, serán oito iniciativas laborais cun investimento de 2,75 millóns de euros que
formarán e mellorarán a empregabilidade de 156 participantes.
A representante autonómica animou aos alumnos-traballadores a “aproveitar esta
oportunidade e desenvolver un bo labor de aprendizaxe para gañar coñecementos e
experiencia e obter o certificado de profesionalidade, xa que elo contribuirá decisivamente a
dispoñer de máis opcións laborais no regreso ao mercado de traballo cando finalice esta
formación no outono de 2021”.
O obradoiro de emprego Vista Real VI desenvolverase nos módulos de Xestión de Redes de
Voz e Datos e Programación e de Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes,
que terán dez participantes cada un e nove meses de duración e complementaranse con
ensinanzas en materias como prevención de riscos laborais, igualdade, alfabetización dixital
ou sensibilización ambiental, entre outras. Ademais, os alumnos-traballadores disporán da
posibilidade, ao seu remate, de optar a contratos de prácticas por espazo de tres meses en empresas da zona para completar a súa formación e facer unha toma de contacto no mercado laboral en torno aos seus oficios.
En total, a Consellería de Emprego e Igualdade concedeu un total de 22 obradoiros duais de
emprego no período 2020-2021 para a provincia de Pontevedra, dos que oito son para
mozos e mozas e están orientados exclusivamente a desempregados de ata 30 anos de
idade, cun investimento global próximo aos 7,5 millóns de euros.
Ademais, o Consello da Xunta acaba de autorizar a convocatoria de axudas para a realización de obradoiros de emprego durante o período 2021-2022. A Xunta investirá máis
de 30,2 millóns de euros na próxima quenda co obxectivo de que 1.500 persoas sen
emprego amplíen a súa formación ao tempo que acceden a un contrato de traballo. A
previsión da Administración autonómica é poñer en marcha, en colaboración cos concellos e
as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal, un total de 81 programas (62 obradoiros
duais e 19 para mozos e mozas).

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas