Home Pontevedra A Paradanta A Xunta colabora co concello de Covelo no acondicionamento dos vestiarios e...

A Xunta colabora co concello de Covelo no acondicionamento dos vestiarios e o entorno da Piscina Municipal

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá as actuacións realizadas no marco da Orde de Infraestruturas de uso público
A Administración autonómica leva investidos máis de 1,1M€ no municipio a través desta liña de axudas da Xunta e doutras como o Fondo de Compensación Ambiental

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá os traballos levados a cabo na piscina municipal de Covelo, ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público. O Goberno galego destinou o ano pasado a esta liña de axudas 4 millóns de euros, un millóns máis que o exercicio anterior, para crear, renovar ou mellorar infraestruturas de servizos básicos dos municipios.

A Xunta colabora co concello cunha achega de 40.000 euros, que se investiron no proxecto de acondicionamento do edificio que alberga os vestiarios, así como a adecuación do vaso da piscina para facilitar o uso de persoas con discapacidade, a ampliación da zona verde e a dotación de mobiliario.

Deste xeito, o Goberno galego contribúe a dotar a estas instalacións duns equipamentos adecuados e, por ende, mellorar os servizos municipais co obxectivo de redundar na calidade de vida da veciñanza.

A Administración autonómica leva investidos 1,1 millóns de euros en axudas ao concello de Covelo para actuacións en infraestruturas como o acondicionamento de parques infantís ou instalacións deportivas, ademais doutras melloras ambientais ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, dotado en 2020 con 12,5 millóns de euros, que no caso de Covelo permitiu levar a cabo traballos de saneamento, eficiencia enerxética no alumeado público ou de tratamento de residuos.

Relacionadas

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

Publicacións Relacionadas