HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra de Miño aproba inicialmente o seu Plan Municipal...

O concello de Salvaterra de Miño aproba inicialmente o seu Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais

- Anuncio -spot_img

O Pleno do Concello aprobou a finais do 2019 a adhesión ao Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

En base a este convenio elaborase por parte da Consellería do Medio Rural o Plan municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Salvaterra de Miño que se aprobou provisionalmente no día de hoxe e que estará durante un prazo de vinte días hábiles a exposición pública para a presentación de reclamacións e alegacións.

Neste documento determínanse as faixas secundarias de xestión de biomasa, segundo establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nunha franxa de 50 metros:

Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.
Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.
Arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
Nunha faixa perimetral de 50 metros arredor das novas instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as vivendas vinculadas a estas, así como as novas urbanizacións e edificacións que afecten zonas de monte ou de influencia forestal, non teñan continuidade inmediata coa trama urbana e que sexan estremeiras con monte ou con zonas de influencia foresta.

Publicacións Relacionadas